Cervo, 28 de febreiro de 2015- O 28 de marzo é a data elixida este ano para celebrar o XII Encontro de Palilleiras, tal e como anunciaron este sábado o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada e as profesoras de encaixe Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero, que forman parte da organización. Un evento de exaltación da artesanía que todos os anos congrega a centos de persoas no pavillón da Veiga de San Ciprián, tanto palilleiras que se reúnen e fan encaixe a un tempo, como numeroso público interesado en ver de preto este espectáculo.
De feito, a un mes do encontro, son xa 400 as palilleiras inscritas, e a cifra seguirá crecendo ata o día da celebración. O que si está pechado xa é o número de vendedores que exporán os seus artigos na carpa anexa ao pavillón, un total de 25, procedentes de distintos puntos da Mariña pero tamén de Galicia (A Coruña, Vigo, Santiago, Vimianzo, Camariñas, Cambados, Ares e Vilalba) de doutros puntos de España, como Madrid, Valencia ou Cantabria.
En canto ao programa, o pavillón abrirase a partir das 10.00 horas para recibir ás palilleiras, que comezarán a palillar a partir das 10.30 e ata as 13.00 horas Durante a mañá, a partir das 12.00 horas está previsto que os acompañantes visiten a Fábrica de Cerámica de Sargadelos, á que tamén poderán acudir as palilleiras ao remate dos traballos. A hora do xantar está prevista para as 14.00 horas.
Pola tarde continúan os actos, ás 16 h. coa marea rosa en beneficio da Asociación Galega de Mulleres Afectadas por Cancro de Mama “Punto e seguido”, unha das novidades desta edición. Ademais, este ano retomarase o desfile de moda, a partir das 16.30 horas. Unhas actividades que serán ampliadas nos próximos días.
Ademais, entregaranse diplomas acreditativos da súa asistencia aos mozos e mozas que acudan a palillar. E como todos os anos sortearanse produtos doados por empresas e comercios da zona que colaboraron co evento. O grupo folclórico Airiños do Xunco animará a xornada.
Hai que destacar que este é o primeiro Encontro de Palilleiras que se comezou a celebrar na Mariña e o máis importante da provincia en canto a afluencia de palilleiras. Un evento que para a edil de Igualdade “axuda a poñer en valor os oficios artesáns e, en concreto, a arte de palillar, exaltando os traballos manuais con resultados únicos e exclusivos”.
Un evento organizado polo Concello de Cervo, as mestras de encaixe Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero coa colaboración de Xunta de Galicia, Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño así como de Labores Mabe San Ciprián, fábrica de cerámica de Sargadelos, cerámicas Gudín, Airiños do Xunco, Eladio Bello máquinas de coser, restaurantes e hostalería do municipio, mercería e decoración Ajuar, Cesáreo Eijo Canoura-Pulpería e Multicarpas, Distribucións Carreiras, Presencia Hilaturas S.A., Autos Rodríguez, Tino Soto e Lucía Paredes.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



