Ata o pavillón de Riazor desprazaranse 15 atletas do Maderas Barcia que representarán ó club no Campionato Galego de pista cuberta para categorías menores o vindeiro sábado 14 de febreiro.
Das máis de 2000 solicitudes recibidas pola Federación, só estarán en competición os 16 mellores atletas con mellor marca do ano en carreiras e os 12 mellores en concursos.
Os atletas seleccionados son:
50 M.L.IM ALEIX DIAZ SALAS 7,81
Parte coa 7ª mellor marca dos 16 en liza, polo que intentará estar nas finais de velocidade.
500 M.L. IM ALEIX DIAZ SALAS 1,32,28 (7/6/2014)
12ª mellor marca.
500 M.L. BM BRAIS DÍAZ SALAS 1,45,00
7ª mellor marca, polo que intentará dar a sorpresa se a carreira transcurre lenta.
1000 ML BM IAN MENDEZ PIÑEIRO 4,01,8
10ª mellor marca.
1000 ML AM HUGO VILLALBA LEÓN 3,30,00
4ª mellor marca. Chega en boa forma polo que intentará acceder ó podio.
ALTURA AM NICOLÁS ALVAREZ FOJO 1,15
7ª mellor marca, pero con un bo día podo ter opción de medalla.
LONX BM IAN MENDEZ PIÑEIRO 3,04
7ª mellor marca, a ver qué pasa.
LONX AM NICOLÁS ALVAREZ FOJO 3,47
12ª mellor marca, pero de mellorala pode acercarse ó pódio.
PESO 3KG BRUNO SANTOS DÍAZ 6,83
8ª mellor marca, pero dúbida ata última hora por estar lesionado.
PESO 2KG FERNANDO VALLINES FDEZ 7,46
5ª mellor marca, e moi competitivo, polo que pode ter opción de metal.
50 MLIF AINARA RGUEZ. ARES 7,83
7ª mellor marca, intentará clasificarse para as finais de velocidade.
50 MLBF DIANA LASTRA RIVAS 8,77
6ª mellor marca, intentará clasificarse para as finais de velocidade.
500 MLIF AINARA RGUEZ ARES 1,31,8
6ª mellor marca, pero unha das favoritas ó caixón.
500 MLBF DIANA LASTRA RIVAS 1,51,0
8ª mellor marca, pero chega nun bo momento de forma.
500 MLAF HIBA BOUYZAR 1,40,0
9ª mellor marca.
1000 MLBF CARMEN GARCÍA VÁZQUEZ 4,15,37
7ª mellor marca.
1000 MLBF CLAUDIA IGLESIAS NIÑEZ 4,49,01
16ª mellor marca.
1000 MLAF CARME ALONSO MOURELLE 3,57,0
11ª mellor marca.
2000 MLIF ANA VALLINES FDEZ. 7,23,57
3ª mellor marca. Favorita ó caixón.
ALTURA BF CARMEN GARCÍA VÁZQUEZ 1,03
3ª mellor marca. Favorita ó caixón.
PESO IF MENCÍA MTNEZ SIERRA FRANGANILLO 6,96
9ª mellor marca. Atleta de 1º ano lanzando.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
