O Showcooking Cociña Autóctona da Deputación de Lugo continúa a súa andadura en Ferreira do Valadouro, tras o seu paso pola Fonsagrada, Monforte de Lemos e Cervantes, para potenciar a comercialización e o consumo dos produtos propios da provincia luguesa, ao tempo que favorece o desenvolvemento do turismo gastronómico.
Esta quinta xornada do Showcooking terá lugar no Hotel Vila do Val, un hotel rústico que abriu as súas portas tras a restauración de tres casas decimonónicas, convertíndose nun aloxamento con encanto, situado en plena Serra do Xistral. A chef María Jesús, cunha ampla experiencia, elaborará varias receitas in situ de cociña tradicional, empregando para elo produtos autóctonos e sabores da Terra Chá e da Mariña.
Durante esta clase maxistral, os asistentes aprenderán a preparar pratos con alimentos producidos e comercializados por empresas da zona, que se caracterizan pola súa calidade. Neste caso, Embutidos Hermelino e Mel O Trobo subministrarán os produtos necesarios para a preparación dos pratos. Trátase de dúas empresas que contan coa marca de calidade da Deputación LugoSabe e que venden na plataforma de comercio electrónico creada tamén polo organismo provincial, www.losproductosdelugo.com. O menú que cociñarán inclúe, de primeiro plato, tosta de Samaín, un segundo con pito de curral recheo; e freixós con mel do Valadouro de sobremesa. Ao rematar, os participantes degustarán os produtos elaborados.
O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, participaron neste obradoiro, que pretende amosarlle aos asitentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente provedores e produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento, xa que non é necesario un transporte excesivo.
A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02, está dirixida principalmente a profesionais do sector hostaleiro, entre os que se trata de fomentar o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a súa calidade e a exclusividade en cada zona para impulsar o sector. O vindeiro mércores, 11 de febreiro, o Showcooking Cociña Autóctona desprazarase a Baamonde, á Taberna do Labrego, onde se empregarán, ao igual que o resto das xornadas, produtos autóctonos. Estas obradoiros de cociña gratuítos continuarán durante todo este mes de febreiro.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



