O pavillón dos Castros (Burela) acolleu este mércores un partido de fútbol sala entre os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña e os mozos da localidade que adestran asiduamente con eles. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Facemos equipo pola saúde mental?”, un proxecto sobre a integración das persoas con enfermidade mental a través do deporte que foi gañador do I Premio José Luís Muruzábal a experiencias innovadoras no ámbito sociolaboral e/ou socieducativo en persoas con enfermidade mental.
Con esta actividade quixemos contribuir á continuidade de dito proxecto na que os rapaces pasaron unha tarde agradable e diferente a través do deporte e na que a integración foi o principal obxectivo, así como a promoción de hábitos de vida saudables e a inclusión social.
Tivemos a gran oportunidade de contar coa colaboración do Clube Deportivo Burela Fútbol Sala na que participaron de maneira activa e integradora un xogador do equipo masculino, Iago Míguez e unha xogadora do equipo femenino, Maite xunto coa colaboración dun árbitro profesional, o que implicou unha motivación e ilusión maior dos participantes no encontro.
Logo de disputar o encontro, ambos equipos compartiron unha merenda na que comentaron as xogadas, goles…
Foi un día para a lembranza no que o primordial foi pasalo ben e pasar un día diferente onde se fomentou o traballo en equipo, os valores como o compañerismo e a amizade.
Aproveitamos para agradecer ó do Clube Deportivo Burela Futbol Sala Pescados Rubén a súa colaboración neste acto.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
