O Burela FS Pescados Rubén recibe este sábado en Vista Alegre ao Marfil Santa Coloma nun duelo de iguais con 1 só punto de distancia entre a novena praza dos cataláns (27 puntos) e a undécima dos galegos. Os pupilos de Juanlu saltarán á pista ás 18.30 horas para poñer a proba a sólida defensa laranxa ante o envite ofensivo dos visitantes, máximo goleador da competición (115 tantos a favor).
O conxunto burelista chega á cita sen contratempos, con pleno de efectivos, logo de plantarlle cara ao mismísimo ElPozo Murcia (5-4), a piques de dar a sorpresa. “Estamos nun bo momento de forma, probablemente no mellor momento de xogo da tempada, pero pésanos un pouco a racha de cinco partidos sen gañar; necesitamos romper esa dinámica” falaba así Juanlu da actualidade laranxa.
“Medirémonos a un rival que está nunha etapa positiva, vén de perder contra Inter e Barcelona, pero é algo lóxico para a maioría dos equipos, e desbancou a ElPozo Murcia en semifinais do Copa do Rei” analizaba o técnico mariñao, destacando “a capacidade goleadora e desequilibrio do Marfil, co engadido de Dani Salgado, pichichi da liga con 39 dianas, e o seu gran dominio do porteiro-xogador na recta final dos partidos. Trataremos de contrarrestar a súa capacidade ofensiva coa nosa boa defensa” adiantaba o técnico burelista. Na primeira volta os mariñaos conseguiron impoñerse 4-5.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén
1. Edu, 3. Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Behroz, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 29. Ángel.
Convocatoria Marfil Santa Coloma
5. Rubén, 7. Adolfo, 8. Dani Salgado, 9. A.Segura, 10. Sepe, 13. Eric Martel, 15. Álex, 17. Rafa López, 19. Eric Pérez, 20. A. Medina, 21. Dídac, 25. Charlie
Lanzamento do Álbum Oficial
Coincidindo coa cita de Primeira División LNFS, o CD Burela FS Pescados Rubén poñerá á venda este sábado en Vista Alegre os cromos do primeiro álbum oficial do club laranxa. Lanzaranse un total de 3.000 sobres, é dicir, 18.000 cromos, ao prezo de 1 euro/sobre. As imaxes máis preciadas estrelas laranxas tamén poderán adquirirse na sé do club (Avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela), a cafetería do IES Monte Castelo e en Espacio Lector Nobel (Castelao, número 2, Burela).
*Fotografía: Prensa Marfil Sta. Coloma.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
