O Burela Pescados Rubén a piques de dar, outra vez, a sorpresa no Palacio dos Deportes de Murcia onde ElPozo Murcia conquistou os tres puntos tras vencer (5-4) cun gol de Álex no último minuto. O conxunto de Juanlu Alonso realizou un excelente encontro no que tuteou á escadra de Duda que tivo que tirar de calidade e moito esforzo para dobregar aos bureleses. O choque comezou cun ritmo trepidante e os murcianos adiantáronse pronto por mediación de Grello. A pesar do 1-0, o Burela Pescados Rubén non se amedrentou plantando cara e ofrecendo un gran nivel de xogo. O premio chegou co empate (1-1) conseguido por Matamoros, minuto 9. Ambas escuadras buscaban con descaro a meta contraria con alternancia no control do xogo. O marcador desequilibrouno Álex, o meta laranxa observou a posición adiantada de Iago Barro, debú do mariñán cos murcianos, para marcar o 1-2 que fixo ver aos de Duda que os galegos pelexarían a vitoria. Con ritmo, ocasións e emoción chegouse ao tramo final do primeiro periodo no que Lima sacou a relucir a súa clase para igualar a contenda (2-2) pero sen respiro Antoñito volveu situar en vantaxe aos burelaos.
Co 2-3 alcanzouse o descanso e na segunda parte idéntico guión con dous equipos ofrecendo un bo espectáculo deportivo. E como a salsa son os goles, Miguelín tirou de galóns para establecer un novo empate (3-3) e acto seguido Chano devolveu o golpe situando o 3-4, minuto 28. Sen tregua para coller osíxeno, reaccionaron os murcianos co gol de Adri que levaba de novo as táboas ao marcador (4-4), minuto 30. Tras varias escaramuzas en ambas trincheras abordouse o tramo final coas espadas en todo o alto. Os murcianos apostaron por xogo de cinco e a punto estivo o Burela Pescados Rubén de sacar tallada pero non aproveitou a súa oportunidade e no minuto final Álex marcou o tanto da vitoria (5-4) dun vistoso e trepidante encontro.
Ficha técnica
ElPozo Murcia: Fede, Adri, Grello, Lima, Álex –cinco inicial- Iago Barro, Bebe, Juampi, Miguelín, Raúl Campos, Ique.
Burela Pescados Rubén: Álex, Jorge Bellvert, Antoñito, Iago Míguez, Matamoros –cinco inicial- Isi, Behroz, Carlitos, Miguel, Chano.
Goles: 1-0, m.3, Grello; 1-1, m.9, Matamoros; 1-2, m.Álex; 2-2, m.18, Lima; 2-3, m.19, Antoñito; 3-3, m.27, Miguelín; 3-4, m.28, Chano; 4-4, m.30, Adri; 5-4, m.39, Álex.
Árbitros: Bernabeu Haro, López Jiménez. Tarxeta amarela a Grello e Lima en ElPozo e a Isi, Carlitos, Matamoros e Antoñito no Burela.
*Foto: Prensa El Pozo Murcia.