O Magna Navarra fixo valer o factor cancha e logrou vencer (4-1) ao Burela Pescados Rubén nun duelo intenso que se decidiu nos minutos finais. Ambos equipos saltaron ao templo de Anaitasuna con determinación aínda que nos primeiros compases os navarros levaron a iniciativa ante un conxunto galego que se foi asentando defensivamente co paso dos minutos. A solidez laranxa contrastaba coa súa pouca fluidez ofensiva aínda que Bellvert conseguiu adiantar aos mariñanos (0-1) no lanzamento dunha falta. A vantaxe do Burela Pescados Rubén foi neutralizada por Carlitos, finalmente protagonista do encontro cun hat-trick, e por Eseverri (2-1) ao transformar unha polémica falta.
Con este resultado chegouse ao descanso e na segunda parte a igualdade de forzas mantívose entre dúas contrincantes que gozaron de ocasións para mover un marcador que entrou na recta final coa fotografía anterior (2-1). Cun Burela Pescados Rubén envorcado na procura do empate chegou o 3-1 dos navarros, obra de Carlitos no minuto 37, e xa con xogo de cinco por parte visitante Carlitos completou o seu hat trick no último minuto para situar o definitivo 4-1.
Ficha técnica
Magna Navarra: Raúl, Eseverri, Roberto Martil, Jesulito, Dani Saldise -cinco incial- Marc Tolrá, Víctor Arévalo, Javi Saldise, Ibarra, Carlitos, Mario.
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Bellvert, Behroz, Antoñito, Matamoros –cinco inicial- Iago Mïguez, Miguel, Carlitos, Chano, Helder.
Goles: 0-1, m.11, Bellvert; 1-1, m.15, Carlitos; 2-1, m.18, Eseverri; 3-1, m.37, Carlitos; 4-1, m.39, Carlitos.
Árbitros: González Ruano, Rabadán Sainz. Amosaron cartón amarelo a Behroz e Miguel no Burela e a Roberto Martil nos navarros.
Incidencias: Partido correspondente á 21ª xornada de Primera División LNFS, disputado en Anaitasuna.
*Fotografías de: Prensa Magna Navarra.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
