O vindeiro 28 de marzo o Excmo. Rvdmo. arzobispo emérito de Madrid e cardeal da Igrexa, D. Antonio María Rouco Varela, pronunciará o pregón da Semana Santa viveirense.
Nacido en Vilalba, Rouco Varela estuda no Seminario de Mondoñedo Latín, Humanidades e Filosofía, para, máis tarde, estudar Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca. Despois de ampliar os seus estudos na Universidade de Munich doutorádose en 1964. Foi profesor no Seminario de Mondoñedo, profesor na Universidade de Munich e Salamanca onde foi nomeado vicerrector en 1972. En 1976, con corenta anos de idade, é consagrado bispo auxiliar de Santiago de Compostela, para converterse en arzobispo da citada Diocese en 1984. Organizou a visita do papa San Juán Pablo II a Compostela no ano 982. En 1994 é nomeado arzobispo de Madrid e cardeal en 1998. Foi presidente da Conferencia *Episcopal Española durante catro mandatos. Participou na elección dos papas Benedicto XVI e o actual o papa Francisco. Tamén organizou a Xornada Mundial da Mocidade en Madrid no 2011.
É membro da Real Academia de Doutores de España. Na actualidade, desde outubro do pasado ano é arzobispo emérito da arquidiocese de Madrid. E na Curia Romana é membro da Congregación para a Educación Católica, Tribunal Supremo da Signatura Apostólica, Pontificio Consello Cor Unum, Pontificio Consello para a Interpretaciòn dos textos lexislativos da Igrexa, Pontificio Consello para a Cultura, Consello de Cardeais para o estudo de problemas organizativos e económicos da Santa Sé.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



