Cervo, 12 de febreiro de 2015- O Concello fixo entrega este xoves das cartillas de nivel ao alumnado da Escola Infantil Municipal de Natación de Cervo. O acto tivo lugar na piscina de Lieiro e nel estiveron presentes o alcalde, Alfonso Villares e o edil de Deportes, Luis Guillén, que foron os encargados de repartir das cartillas aos asistentes. En concreto, a entrega vaise facer en dous grupos, a de hoxe e outra prevista para o próximo mércores.
Un acto que organiza o Concello co obxectivo de celebrar co alumnado o remate do primeiro cuadrimestre e o cambio de nivel de cada un dos participantes. Desta maneira, a través destas cartillas, os usuarios poden ver os seus avances e progresos “como unha forma de motivalos e de animalos a que sigan mellorando e practicando”, asegura Guillén.
En total son uns 75 os nenos e nenas que acoden a estes cursos que están divididos en seis niveis, e cada un deles identifícase cun animal acuático (cangrexo, pato, tartaruga, foca, delfín e tiburón) máis un nivel superior de perfeccionamento. Nestas actividades os nenos aprenden a facer inmersións, a mellorar a respiración, a facer desprazamentos, saltos, flotacións e outras destrezas con diferentes graos de dificultade.
Estes cursos infantís forman parte do conxunto de actividades que se poñen en marcha na piscina para fomentar o deporte, de forma que tamén hai cursos de natación para adultos ou aquagym. Hai que dicir tamén que nos últimos anos está crecendo o número de usuarios da piscina. Da mesma forma o edil de Deportes manifestou o compromiso do Concello de “seguir traballando tanto para manter a oferta de actividades como para mellorar o servizo e as instalacións da piscina”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



