Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación avrios rogos para o próximo Pleno co obxectivo de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible.
Por unha banda, no calexón da rúa Amargura na parroquia de Celeiro (que vai desde a rúa do Porto ó Celeiriño ) e no calexón da Rúa Atalaya , hai un acceso empinado con algunhas zonas que teñen lodo, co conseguinte perigo de caída para os veciños que usan este calexón. Por este motivo ROGAMOS ó Goberno Local que acometa a limpeza deste lodo o que, sen dúbida, mellorará a seguridade para todos os usuarios deste vial.
Por outra banda, recorda que “este grupo municipal está recibindo queixas das empresas e conductores dos autobuses escolares, como consecuencia de que en moitas ocasións teñen que deixar ós nenos e nenas en plena estrada, xa que as súas zonas de parada o caron dos colexios , encontranse ocupadas por vehículos particulares, provocando deste xeito unha notable falta de seguridade para estes alumnos. Por este motivo ROGAMOS á Sra Alcaldesa que tome as medidas necesarias, para que a Policía Local vixie con máis regularidade estas paradas, sobre todo nas horas das entradas e saídas dos colexios”.
Así mesmo, “no pleno do 2 /10/2014 este grupo municipal presentou un rogo solicitando a reparación de varios terrazos rotos e soltos nunha das aceras da avenida Misericordia, frente ó acceso ó Supermercado DÍA, por resultar perigosos para os viandantes. Por este motivo ROGAMOS, unha vez máis, que se realicen os traballos necesarios para a súa reparación o antes posible, evitando así riscos innecesarios para os peóns”.
Finalmente, explica que “os efectos da actividade da saca da madeira fanse máis evidentes coa chegada das choivas, o que provoca danos nas pistas e infraestructuas públicas, provocando en moitos casos lama que dificulta a circulación polas mesmas, tal e como nos teñen comentado varios veciños de disitintas parroquias. Así mesmo tamén temos observado a falta de adopción de medidas de seguridade tanto para os vehículos como para os viandantes que camiñan por estradas, cerca do corte desta madeira. Por este motivo rogamos á Sra. Alcaldesa que por parte da Policia Local se realice un control máis exhaustivo tanto na sinalización vial, como nas medidas de seguridade nestas cortas, para garantizar a seguridade tanto de vehículos como de peóns”.
Preguntas
E, no apartado de preguntas, García Paz interésase polas xestións que se fixeron para dar solución á obra paralizada na rúa Emilio Bouza Basanta, ó carón das vivendas sociais de O Pedregal na parroquia de Covas.
Os populares lembran que “no pleno do 2/10/2014 o grupo municipal do PP presentou unha pregunta dirixida á alcaldesa que, como consta en acta, respondeu que o tema estaba en mans dos técnicos de Urbanismo e que ía ter unha reunión con Andrés López e Os Molineros. Como queira que a día de hoxe, a situación sigue igual coas augas estancadas no oco da obra e o mesmo cheiro nauseabundo así coma o abandono que sufren os veciños desta zona”.
Nese sentido, os populares queren coñecer en que consistiron as xestións que se realizaron en torno a este tema.
E, noutra orde de temas, García Paz explica que “nos asuntos e resolucións que se achegaban á sesión ordinaria do Pleno do 8 de xaneiro de 2015, aparece o expediente de modificación de créditos 28/2014 cun incremento de 37.000 € para energía eléctrica alumbrado público”. Por esta razón pregunta “cal é o motivo que orixinou este incremento no alumbrado público”.