Burela, 4 de xuño de 2025. Na asociación de veciños O Vencello sabemos que a vivenda converteuse nun dos maiores desafíos sociais e económicos de todo o Estado e Burela non está allea á este problema. Decenas de cidadáns enfróntanse día a día a serias dificultades para atopar un fogar digno a un prezo alcanzable no noso concello.
A crise no sector inmobiliario responde a múltiples causas estruturais e o certo é que, na actualidade, adquirir ou alugar un piso só está ao alcance duns poucos.
Diante desta situación preguntámonos que están a facer os nosos gobernantes locais… Ata onde nós sabemos, nada. Tan só un anuncio en prensa da alcaldesa en febreiro pasado, onde amosaba a súa intención de restrinxir as vivendas turísticas e do que descoñecemos os detalles, aínda que nos tememos que non solucionara o problema da oferta de vivenda, se non máis ben o contrario.
Creemos que ademais de elaborar ordenanzas restritivas, o Concello tamén debería implementar bonificacións e axudas aos propietarios para fomentar o arranxo dos moitos pisos dos 80-90 que existen en Burela e que aínda permanecen sen rematar.
Torrentes
Despois de 20 anos de que o Concello aprobara a Unidade Urbanística de Torrentes, a día de hoxe descoñecemos en que situación legal se atopan devanditos terreos, nin tampouco cal é a superficie de solo municipal da que dispón o Concello nesta zona.
Ata onde sabemos, a liquidación deste proceso está pendente de resolverse, así como a execución de sentencias firmes que obrigan ao Concello a facer unha nova reparcelación e a indemnizar aos propietarios afectados.
Isto fai que unha das bolsas de solo urbano máis importantes do noso municipio permaneza nun limbo xurídico despois de dúas décadas, o que vai en detrimento da expansión urbanística e da construción de obra nova.
Cesión de terreos municipais para a promoción de vivenda social
Creemos que o Concello debería tomar a iniciativa e dar un paso adiante favorecendo e impulsando o parque de vivenda protexida para reafirmar así a súa preocupación e interese por garantir que os bureleses e burelesas poidamos ter acceso a unha vivenda digna.
Igual que fixo hai uns días o Concello de As Pontes, Burela tamén podería promover -se quixera- a firma dun convenio de colaboración coa Consellería de Vivenda a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a implantación do programa de oferta de solo de titularidade municipal mediante a cesión de terreos urbanos de propiedade municipal (en Torrentes ou noutra zona de Burela) cos que podería ofrecer mediante concurso público parcelas para que promotores públicos ou privados; e tamén por suposto cooperativistas, poidan construír vivenda protexida, tanto en réxime de alugueiro como de venda.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



