Lugo, 19 de febreiro de 2015.- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este xoves aos voceiros provinciais unha declaración institucional para reprobar a Rocío Mosquera e declarala persoa non grata “pola súa política discriminatoria cara os lucenses, ao negarlles, reiteradamente, servizos sanitarios” co obxectivo de aprobala por unanimidade no vindeiro Pleno Provincial, que terá lugar o martes 24 de febreiro. PSOE e BNG aceptaron a declaración, pero o PP rexeitouna. É necesario o apoio dos tres voceiros para presentar a declaración institucional á sesión plenaria. Gómez Besteiro subliñou que “dunha maneira ou doutra, esta cuestión debaterase neste Pleno”. O Goberno Provincial presentará unha moción.
“A vontade clara deste Goberno Provincial é impulsar a reprobación de Rocío Mosquera pola súa actitude bochornosa cos lucenses en contra da sanidade pública, que ten que estar baseada na equidade terapéutica. É un rexeitamento claro a unha forma de facer política despreciable e, sobre todo, a unha actitude incorrexible, da que terá que dar conta Feijóo, como responsable último do Goberno galego, que se nega, insistentemente, a que os lucenses sexan iguais que ao resto de galegos á hora de recibir o servizo público de sanidade”, subliñou o Presidente.
Gómez Besteiro engadiu que “temos enriba da mesa esta declaración institucional, pendente da postura do Partido Popular, pero, dunha maneira ou doutra, esta cuestión debaterase no Pleno do martes. Trátase de reprobar unha política que discrimina, profundamente, aos lucenses en relación coa protección da súa saúde. Neste sentido, que se rexeite, permanentemente, a ampliación de Hemodinámica as 24 horas, supón establecer unha clara diferenza entres os pacientes de Lugo e os pacientes do resto de Galicia. Polo tanto, non estamos dispostos a soportalo. Vamos a tomar todas as iniciativas necesarias para que esta situación se corrixa polo ben dos cidadáns e a pesares do PP, que, unha vez máis, confirma que a súa política fai dano ás persoas. Iremos parte por parte. O que toca neste Pleno é analizar as causas desta reprobación, se é xusta a declaración de persoa non grata. As seguintes medidas irémolas compartindo con toda a sociedade”.
Declaración institucional
A declaración institucional que rexeitou o Partido Popular dice, textualmente, “os representantes do equipo de Goberno da Deputación de Lugo sempre manifestaron o seu apoio e defensa á igualdade de acceso dos lucenses aos servizos públicos sanitarios. Esa constancia na reclamación representa o claro e nítido mandato imperativo da sociedade civil de dotar dos servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear”.
“Evidentemente, non é a primeira vez que tratamos nesta institución o menosprezo que o Goberno da Xunta de Galicia está a inflixir aos cidadáns da provincia de Lugo, acernando a posibilidade de que teñamos acceso no noso hospital de referencia aos procedementos sanitarios de hemodinámica vinte e catro horas, radioterapia e medicina nuclear.
Este mesmo mes, asistimos a un novo episodio da man da conselleira Rocío Mosquera, que en visita oficial ao Hospital Universitario Lucus Augusti, afirmou que o hospital non precisa de hemodinámica as vinte e catro horas do día, facendo saltar polos aires as esperanzas dos lucenses de lograr uns servizos dignos, que equiparen a todos os galegos como cidadáns, no acceso á sanidade pública”.
“Ningún criterio económico e, o que é máis grave, médico, xustifica as declaracións de Rocío Mosquera. Dun lado, o xefe do Servizo de Cardioloxía do HULA afirma que para que se trate aos pacientes nas mellores condicións, a unidade de hemodinámica debe funcionar 24 horas. Doutro lado, o Presidente da Sociedade Española de Cardioloxía tamén exclúe os criterios económicos, por ser máis caro o custo dos traslados a outras provincias que a contratación do persoal necesario”.
“Por todo o exposto, e debido á falta de criterios sanitarios que evidencian que é unha decisión política negar aos lucenses a hemodinámica 24 horas, só podemos someter a xuízo político a súa actitude. Despois de solicitar a súa rectificación e, posteriormente, a súa dimisión, non lle queda outra á institución provincial que manifestar o seu rexeitamento á súa figura de conselleira de Sanidade. Por iso e, ante todo o exposto, declaramos:
Reprobar a Rocío Mosquera polo seu comportamento político, as súas declaracións e a súa reiterada discriminación cara aos lucenses, exercida a través da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Declarar a Rocío Mosquera persoa non grata para esta institución; declaración motivada pola súa actuación contraria aos intereses dos lucenses e que choca de xeito frontal co imperativo da Deputación de Lugo de velar e representar a vontade soberana dos cidadáns da provincia.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



