Foz, 19 de febreiro de 2015.- O Concello de Foz, a través da biblioteca pública municipal, organiza a Programación das Letras para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, e o Día das Letras Galegas, que é o 17 de maio.
O primeiro acto da programación será o denominado Rosalía nas Ondas, en colaboración con Radio Foz, que se desenvolverá o vindeiro martes, día 24 de febreiro, de 17 a 19 horas.
O sábado 7 de marzo ás 20 horas haberá o Festival dos Namorados, no que actuará o dúo do violinista Mijail Moriatov, que estará acompañado por un violonchelista e ofrecerá un concerto con música de F. Schubert, G. Verdi e J. Brahms. No mesmo acto entregaranse os premios aos galardoados no XIV Certame de Poemas de Amor.
Tamén haberá un obradoiro de banda deseñada para mozos a cargo “dun dos mellores da ilustración e do humor gráfico, como é Xosé Tomás, autor de Nómades e das ilustracións do libro Verdedades, de Yolanda Castaño, entre outros moitos”, explicou a bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez. Será o 23 de abril, venres, ás 11:30 horas.
A bibliotecaria tamén anunciou que “contaremos con Raquel Queizás, toda unha profesional do teatro que formou parte do elenco de compañías como Os Monicreques de Kukas, A Xanela do Maxín e Galitoon, que nos traerá A maleta da avoa, un espectáculo de contacontos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos”. Este acto está programado para o 15 de maio, venres, ás 18 horas.
A organización destas actividades agradece a colaboración da Consellería de Cultura, a través do programa Ler conta moito.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



