Galicia ratifícase como líder nacional da clasificación de distintivos Q de Calidade ás instalacións náutico recreativas. Os portos galegos suman actualmente 13 dos 20 distintivos a peiraos deportivos outorgados polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) en toda España.
Os xestores das instalacións náutico recreativas que ostentan este galardón veñen de recibir a súa certificación na Feira Internacional de Turismo Fitur, en Madrid. En concreto trátase das entidades encargadas da xestión dos portos deportivos de Cabo de Cruz (Boiro), Portonovo (Sanxenxo), Club Náutico de Sada, Ribeira, Ría de Ares, Pedras Negras (O Grove), Nauta Sanxenxo, Real Club Náutico de Vigo, Cangas, Ribadeo, Club Náutico de Sanxenxo e Portosín (Porto do Son).
Todos os clubes merecedores da Q de Calidade pertencen á Asociación de Clubs Náuticos de Galicia, Asnauga, que impulsou a obtención destas certificacións coa colaboración de Portos de Galicia. O presidente do ente público, José Juan Durán, trasladou aos clubs a súa felicitación polo traballo realizado para a consecución deste galardón. Esta norma de calidade, pioneira no ámbito específico das instalacións náutico recreativas, establece uns requisitos que definen o nivel de servizo ao cliente, incrementando o valor engadido da propia instalación e impulsando o seu atractivo turístico.
As certificacións de calidade na prestación de servizos dos portos galegos únense ao recoñecemento ambiental que recibiu a comunidade autónoma o pasado verán ao ser galardoada con 17 Bandeiras Azuis aos Portos de Galicia.
Na actualidade, estanse a desenvolver en Galicia programas de calidade turística, dentro da marca Q nos subsectores turísticos relativos a hoteis, Turismo Rural, restaurantes, axencias de viaxes, cámpings, balnearios, servizos de restauración, espazos naturais protexidos, praias, axencias de viaxes, pazos de congresos, Turismo Activo e instalacións náuticas; programas nos que participan varias empresas turísticas galegas, das que 203 contan xa co distintivo Q de Calidade.




















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



