Cervo, 25 de febreiro de 2015- O Concello informou de que esta semana finaliza o obradoiro de emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove II” no que participaron conxuntamente os tres municipios. No caso de Cervo, foron 6 os alumnos que se formaron na especialidade de xardinería, asistindo a xornadas teóricas e tamén realizando traballos prácticos durante 6 meses.
Desta maneira, o alumnado levou a cabo tarefas na preservación e coidado dos xardíns, parques e zonas verdes, como foi o caso dos parques Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane en Cervo, ou o Reina Sofía de San Ciprián. Ao mesmo tempo, remodelaron varias glorietas a través de deseños innovadores que lle dan un valor estético engadido, como foi o caso das rotondas situadas na avenida de Galicia en Cervo ou na Avenida da Mariña en San Ciprián, así como nos principais accesos destes núcleos.
Ao mesmo tempo, cabe destacar que o alumnado recibiu formación práctica no manexo de ferramentas e útiles, en seguridade e saúde, pero tamén asistiu a módulos transversais como foron os de sensibilización medioambiental, informática ou técnicas de busca de emprego.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, comprobaron as melloras realizadas nestes espazos. A edil asegurou que “el balance es muy positivo” e aproveitou para agradecer á Xunta de Galicia “su apuesta por el fomento del empleo, y el apoyo a los concellos”.
Alonso tamén destacou “la labor de los alumnos del obradoiro, que se formaron en el ámbito medioambiental y de la jardinería y al mismo tiempo dejaron su huella y su trabajo en los espacios públicos del concello, contribuyendo a seguir mejorando el municipio”. “Por nuestra parte vamos a continuar trabajando para cuidar, mantener y preservar nuestras nosas zonas verdes y lugares públicos con medios propios y por supuesto seguir promoviendo la formación y el empleo con recursos municipales”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



