Lugo, 12 de febreiro de 2015.- A voceira do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, fixo público este xoves que o presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, deixou durante 2014 sen gastar en emprego máis de 5,8 millóns de euros. É dicir, do total orzamentado para emprego nos orzamentos da pasada anualidade, “esta importante contía, non se chegou nin tan sequera a comprometer”.
Os decretos de Presidencia que recollen a incorporación de remanentes de créditos para a anualidade de 2015 demostran este financiamento que recibiu a Deputación e que non chegou a comprometer, polo que agora, explica a popular, pásase para gastar en exercicios seguintes.
Así, Candia criticou este xoves que pese a dispoñer de fondos, o presidente socialista non foi quen de desenvolver as políticas de emprego o que demostra que “os parados non son unha prioridade para Besteiro”. “Estamos a falar de máis de 5,8 millóns de euros que estaban presupostados no orzamento, que poderían estar executados no 2014 e non o fixo”.
Outras áreas con remanentes de crédito
Da análise dos decretos de Presidencia nos que se aproba a incorporación de remanentes de créditos para o ano 2015, a voceira dos populares fixo referencia a outras contías de fondos que pese a estar orzamentadas no 2014, non se chegaron a gastar.
91.807 euros en promoción turística, 250.000 euros en Medio Ámbiente, máis de 163.000 en outros servizos de benestar comunitario, 10.000 en promoción cultural e a mesma contía en promoción deportiva; son algunhas das cifras que citou a popular, financiamento do que dispoñía Besteiro que se atopa ao peche do exercicio do 2014 só como retención de crédito, sen iniciar a fase de execución do gasto.
Así, Candia reprobou que na Deputación de Lugo en tempo de contención de gastos “se comprometa menos do que teñen e fagan, polo tanto, recortes innecesarios”.



















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



