Lugo 5 de febreiro de 2015.- A primeira toma de contacto de David Álvarez Gutiérrez coa política empeza como cabeza de lista da agrupación local para as eleccións do vindeiro mes de maio. Malia a isto, di afrontar este reto con moita ilusión e sobre todo, con traballo e honestidade.
Médico en A Pontenova dende o ano 2011, de 40 anos, casado e con dous fillos, Álvarez Gutiérrez é un afeccionado ao deporte, concretamente ao ciclismo, actividade que practica dende a xuventude e no que ven de recoller como último galardón o título de Director Nacional.
O presidente provincial, José Manuel Barreiro, aposta desta maneira, por un candidato novo e preparado para afrontar este reto e desbancar ao socialista, Darío Campos, da alcaldía. Insta, desta maneira, ao alcaldable a traballar arreo para conseguir o bastón de mando e situar a este municipio onde se merece.
O alcaldable di que A Pontenova precisa romper coa monotonía na que está inmersa debido ao pasotismo dun rexedor que nada fai para que o municipio evolucione. Comprométese a dar opcións para rematar coa actividade limitada na que se ostenta a vila. Sentencia, ademais que a pirámide poboacional vai a menos polo que loitar contra a despoboación será un dos seus cometidos.
Di ademais que a vila conta con moitos puntos fortes que merecen ser potenciados, polo que traballar neste eido será tamén unha das súas prioridades.
Biografía
David Gutiérrez Álvarez naceu o día 10 de xullo de 1974. Médico de profesión, desempeña esta labor en A Pontenova dende o ano 2011. Está casado e ten dous fillos.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



