O Cenima de Foz acollerá este venres, 6 de febreiro, ás 17.00 horas a presentación da campaña de promoción “A Mariña lucense, máxica por natureza” que hai uns días se deu a coñecer na Feira Internacional de Turismo celebrada en Madrid. O acto, no que se proxectarán os vídeos de promoción da Mariña e no que se darán a coñecer os enlaces nos que poden atoparse na rede, é aberto ao público en xeral. Asistirán, entre outros, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente Parga.
Presentación da campaña “A Mariña lucense, máxica por natureza”
Presentación da campaña “A Mariña lucense, máxica por natureza”
Relacionado
-
Este martes, 27 de maio, o alumnado das aulas de galego e portugués impartidas por Dores Fernández Abel, profesora de Lingua e Literatura Galega e de Portugués no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, agora xubilada, puxo remate ao curso 24-25
-
Inauguración no complexo RegalXunqueira da exposición “Palabra e Memoria”, mostra en imaxes do incremento do uso do galego nas inscricións funerarias
-
Este martes tivo lugar o acto de izado da Bandeira Azul no inicio da Senda da Costa Naviega,