A OMIX de O Vicedo (Oficina Municipal de Información Xuvenil) organiza este venres 13 de febreiro de 2015 unha actividade dirixida ós xóvenes do municipio maiores de 14 anos consistente na combinación de xogos de mesa e música. Habilitarase un espazo para xogos de mesa como o Scattergories, Tabú, Party & Co, Monopoly, Scrabble, poker, etc. Ó mesmo tempo haberá a posibilidade de “pinchar” a música favorita habilitando turnos de Dj para amenizar a xornada. Será o venres 13 de febreiro a partir das 21.30 horas.
Xogos de mesa e música na OMIX do Vicedo
Xogos de mesa e música na OMIX do Vicedo
Relacionado
-
Esta fin de semana haberá dous concertos na Horta de Galiana de Mondoñedo
-
O Presidente da Deputación, José Tomé, participou este martes na Biblioteca Municipal de Xermade na presentación do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
“Tierras de Castilla”, pinturas de Mª José Redondo Goicoechea, desde este venres en RegalXunqueira