A finais de 1948 chegaba a Mondoñedo un xove veterinario, atraído pola soa das feiras das San Lucas, disposto a iniciar a vida profesional. Os altibaixos das estradas que preludian o val; as variadas tonalidades do verde da paisaxe; a choiva pertinaz e a humidade; a bruma coa que o mar próximo envolve a cidade, en contraste coa Castela cha, seca e luminosa da que procede, producen tal desacougo que faille pensar en voltar para a casa. O casual encontro cun vello coñecido e o consello deste a perseverar no lugar, fan que Anxel García Sanz, tal é o nome, desista do propósito; así o fai e non tarda en caer nas redes feiticeiras da vella cidade na que se integra de cheo, e de contado pasa a ser un popular e activo membro da veciñanza. O exercicio da profesión levao a percorrer a cotío o rural, tripando cada día as corredoiras. A pesares da dura orografía, Anxel atopa a cada intre novos engados no coñecemento da paisaxe e a paisanaxe; a retranca e a hospitalidade que con tanta galanura relata no libro “Andanzas y anécdotas de un veterinario”. O amor á natureza e á profesión fan que profundice na investigación sanitaria do gando, achegando avances notorios. Os traballos e pesquisas permiten descubrir a solución cirúrxica para o prolapso de vaxina (o vulgar “botar as madres” nas vacas), incidente que ata entón non tiña solución definitiva. Estudada polo miúdo a operación, o facultativo precisa levala á practica, labor non doada pois ata daquela os intentos por métodos coñecidos deran resultados pouco alentadores. E foron dous gandeiros de Foz os que se prestaron á experiencia: Angelito de Nicasio, de San Martiño e Redondo, de Vilaxoane, que puxeron dúas vacas, chamadas Pinta e Fabiola, en mans do sanitario que realizou a operación, confirmando o acerto da mesma. Anxel publicou un libro, con prólogo de Alvaro Cunqueiro, espallando entre os colegas de todo o país a novidade cirúrxica; divulgación á que foi parella o nome do pobo, pois na portada figura o seguinte enunciado: “Solución quirúrgica al prolapso de vagina en bóvidos. Operación Foz”; era 1980. Hai xusto 35 anos.
Suso Fernández





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



