Foz, 7 de febreiro de 2015. A área de Deportes da Deputación achegará 45.000 euros para acometer unha serie de melloras no campo de fútbol Martínez Otero de Foz. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, visitou este sábado as instalacións do equipo focense acompañado de varios membros da directiva do CD Foz.
As obras consistirán na substitución da cuberta das gradas, que presentan un grado de deterioro elevado, presentando goteiras e representando ademais un inminente perigo para os afeccionados e mesmo para os transeúntes ou para os edificios colindantes polo risco de desprendemento dalgunha das pranchas de fibrocemento actuais; na substitución da cuberta do local social do clube e do local onde se garda a roupa deportiva, onde tamén hai goteiras; e na colocación de novos banquiños, xa que os actuais, tanto polo material de construción (formigón), como pola súa ubicación (moi préto do terreo de xogo), supoñen un serio perigo para os xogadores en caso dun impacto accidental.
Os traballos, que comezarán nos vindeiros días, estarán rematados antes de que acabe a actual tempada. Estas melloras súmanse ás acometidas hai 3 anos e que consistiron na renovación total dos vestiarios, que foron acondicionados e modernizados, así como na remodelación dos baños para o público que foron acondicionados en canto a accesibilidade, para seren aptos para o uso de minusválidos. Estas obras tamén foran financiadas pola Área de Deportes da Deputación de Lugo con 24.000 euros.
O estadio Martínez Otero data do ano 1957 e o Club Deportivo Foz ten ligada gran parte da súa traxectoria e da súa actividade actual a estas instalacións. A súa construción foi progresiva, pero a maioría das instalacións data dos anos 60 e 70, polo que o deterioro provocado polo paso do tempo facían necesarias estas obras de remodelación.
Preto de 3 millóns de euros en instalacións deportivas na Mariña nestes 4 anos
Antonio Veiga mostrou a súa satisfacción porque “un campo de fútbol como o Martínez Otero, un dos máis antigos da Mariña, vaia ver totalmente renovadas con estas dúas actuacións, parte das súas instalacións e se poida aproveitar así ao máximo as súas posibilidades”. O responsable de Deportes da Deputación afirmou que desde a Vicepresidencia da Deputación “adquirimos un compromiso prioritario coa promoción do deporte de base en todas as comarcas de Lugo, sumándose esta mellora no Martínez Otero de Foz ás que realizamos noutros campos de fútbol e noutras instalacións deportivas da Mariña co obxectivo de procurar unhas instalacións deportivas axeitadas, tanto aos clubs que máis disfrutan delas, como ao público en xeral”.
O investimento total da área de Deportes da Deputación nestes catro anos en instalacións deportivas da Mariña está préto dos 3 millóns de euros. O vicepresidente detallou algúns destes importantes investimentos, coma os 2,5 millóns de euros no novo pavillón de Ribadeo, 60.000 euros na pista de andadura ecuestre do Valadouro, 45.000 euros na mellora do campo de fútbol do Iberia, os 100.000 euros que se van destinar á mellora das instalacións do Club Kayak Foz, os 45.000 para a mellora do campo de fútbol Martínez Otero ou os 20.000 para a renovación do céspede do campo de fútbol do Valadouro, ademais de outros moitos investimentos de menor cuantía destinados anualmente a obras de mantemento en distintas instalacións públicas municipais da comarca.
A estes investimentos en obras habería que sumar máis de un millón e medio de euros destinados nestes catro anos a apoiar directamente desde a área de Deportes da Deputación a todos os clubs da comarca, tanto de base como de elite. Entre estas axudas, que abarcaron a todas as disciplinas deportivas e a todos os clubs sen excepción, destacan as destinadas a fomentar o deporte base e o deporte feminino. Antonio Veiga reiterou unha vez máis que “ninguén apoiara nunca tanto ao deporte na comarca da Mariña coma nos últimos anos fixemos desde a Vicepresidencia da Deputación”, dixo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
