Lugo, 12 de marzo 2015.- O vindeiro martes, día 17 de marzo, ás 20.00 horas, no salón de actos do CENIMA de FOZ presentase na Mariña a Asociación Cidadá contra a Letra Pequena (CON LUPA).
Entre os fins de esta asociación está o de organizar actos e debates públicos para informar, e denunciar se é preciso, aqueles servizos ou produtos que se están prestando ou comercializando sen a debida transparencia e que espertan dúbidas ou carrean graves prexuízos para as persoas afectadas.
Esta nova asociación, que ten ámbito de actuación provincial, nace froito da experiencia vivida na loita contra as preferentes e subordinadas, e está impulsada por persoas que proceden da plataforma que estivo dirixindo esta loita na zona centro de Lugo, pero o seu obxectivo e chegar a outras moitas persoas, interesadas en loitar e rematar coas estafas que están enriquecendo uns poucos e arruinando a miles de familias.
Neste primeiro acto público de CON LUPA na Mariña, ademais de dar a coñecer os principios, fins e obxectivos da Asociación, analizaremos a situación actual da loita contra a estafa das preferentes e subordinadas e as alternativas que quedan para que recuperen os seus aforros as persoas estafadas que aínda non o conseguiron.
Tamén se informara neste acto das “cláusulas solo” nas hipotecas e como conseguir eliminalas. A cláusula solo nun préstamo hipotecario establece cal será o tipo mínimo de interese que se deberá liquidar nas cotas de pago ao banco. Forma parte da letra pequena dos contratos e, na maioría dos casos, ademais de abusivas, foron comercializadas sen dar información acaída aos clientes.
Como relatores, intervirán neste acto: Balbino Fernández, asesor fiscal en Foz, Filipe Rivas, membro da Xunta Directiva de Con Lupa e Patricio Viveiro, avogado.
A Asociación Cidadá contra a Letra Pequena – CON LUPA está aberta a todas as persoas que se queiran integrar e disposta a compartir información, iniciativas e mobilizacións con quen se manifeste interesado/a.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



