Ribadeo, 13 de marzo de 2015. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA), que preside o ribadense Álvaro Doural, dará a coñecer os atractivos de Ribadeo nas visitas que realizará este ano á República Checa, Alemaña e Italia. Así o anunciaron hoxe responsables do colectivo e o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor municipal ribadense destacou que en APAGA “son moi activos, con diversas iniciativas que están facendo nestes últimos anos e ademais agora con unha singular, que nos parece moi interesante: a través de fondos europeos van facer unha serie de visitas e intercambios con diferentes países da Unión Europea para adquirir novos coñecementos e experiencias de cómo se están facendo as cousas noutros lugares, concretamente na República Checa, en Alemaña e en Italia. E dende o Concello de Ribadeo apoiamos estas iniciativas, sobre todo cando esta xente, moita dela ribadense, aproveitando que van aprender para logo innovar aquí poidan ser embaixadores de Ribadeo. Isto entronca un pouco con todas estas campañas nas que levamos traballando dende hai un tempo para a promoción turística, porque aparte do que poida facer o Concello sempre nos gusta que a xente de aquí fale dun sitio que ten moitas posibilidades e moitos encantos, como é Ribadeo e a nosa comarca. Polo tanto eles comprométense, aparte de facer o seu traballo, a ser un pouco embaixadores, entre aspas. Para iso vamos facilitarlles folletos, vídeos e outra informacións turística para que a toda esa xente que van visitar poidan darlles a coñecer de onde veñen, de onde son e todas as potencialidades que temos aquí”.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, agradeceu ao Concello de Ribadeo “a súa disposición a participar activamente nesta iniciativa” e explicou que “neste ano 2015, a través do proxecto Aprender a aprender na Formación Profesional, vanse realizar visitas a Alemaña, Italia e República Checa. E de cara ao 2016 esperamos que o proxecto que presentamos teña boa acollida e sexa aprobado para realizar visitas a Estonia, Portugal, Italia, Francia e Croacia no referente a proxectos de mobilidade de profesores, que é o campo no que nós nos movemos”.
Álvaro Doural engadiu que “aproveitando as nosas excelentes relacións co Concello de Ribadeo ocorréusenos abrir unha liña de colaboración para que nesas sexas viaxes haxa un momento para a presentación de Ribadeo nas diversas entidades que visitamos. Esta é a primeira experiencia, que se poderá mellorar incorporando outras accións, porque eu creo que é unha boa oportunidade para dar a coñecer Ribadeo”.
O presidente de APAGA tamén comentou que “os nosos socios de Polonia, de Estonia, de Croacia e de República Checa teñen pedidos proxectos para vir a Ribadeo no 2016; polo tanto nese ano, se as cousas van ben, poderán vir a Ribadeo grupos de 10 ou 12 profesores deses países, para o que imos solicitar a axuda do Concello. Isto francamente é moi enriquecedor a nivel docente e creo que tamén a nivel de comunidades, concellos, …”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



