Lugo, 10 de marzo de 2015. O responsable de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, achegouse este martes ao Museo Provincial de Lugo para coñecer de primeira man os datos de visitantes que recibiu o centro lugués neste primeiro mes tralo regreso da colección de ourivería prerromana de Álvaro Gil. A directora do museo, Aurelia Balseiro, informouno de que a resposta dos lucenses e os visitantes a esta volta foi marabillosa, multiplicando o número de visitas do ano anterior.
“Cando se cumpre un mes do regreso da colección de ourivería de Álvaro Gil, é momento de facer balance do impacto que este regreso tivo para o Museo de Lugo e para Lugo en xeral. Un balance que non puido ser mellor porque se recibiron máis de 4.000 visitas, unha cifra moi superior ás 2.500 recibidas no mesmo período do ano pasado, o que vén significando un incremento do 60%”, explicou Mario Outeiro.
“O obxectivo é que ningún lucense se quede sen coñecer este tesouro”
En concreto, entre o 10 de febreiro, data do regreso da colección, e o 8 de marzo, foron 4.038 as visitas recibidas polo Museo Provincial de Lugo, mentres que o ano pasado, no mesmo período de tempo, pasaran pola galería da cidade amurallada 2.684 persoas. Tomando como referencia as 55.198 visitas totais que rexistrou o museo no ano 2014, as 2.684 do período entre o 10 de febreiro e o 8 de marzo significarían un 4,86% das totais, mentres que a porcentaxe acadada neste último mes elevaríase a un 7,31%.
Mario Outeiro felicitouse por estas cifras e sinalou que “consideramos que se comeza a cumprir o obxectivo de que non quede ningún lucense na provincia sen coñecer este valiosísimo tesouro, pois desde logo esta será a mellor ferramenta para proxectar esta colección e o seu museo de cara ao exterior”, afirmou.
Outras actuacións que lle engaden valor ao Museo Provincial
Xunto á volta da colección de ourivería prerromana, “un dos piares fundamentais do Museo Provincial”, Mario Outeiro tamén destacou outros feitos como a presenza do cadro de ‘A Magdalena en éxtase, copia do cadro de Caravaggio, “a restauración de varios mosaicos ou mesmo do ‘Cristo atado á columna’, obra que tamén veu estes días de volta logo de pasar por unha exposición en Barcelona”, destacou. O delegado provincial de Cultura manifestou que “todas elas son actuacións que lle engaden un atractivo maior ao museo”, salientou.
Finalmente, Outeiro lembrou que “a entrada ao museo e ao resto dos da Rede Museística Provincial de Lugo é gratuíta e ten un horario de apertura moi amplo comparado co resto de museos de Galiza”, concluíu.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



