A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, presentou este mércores, nun acto que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, e que contou coa participación de preto dun cento de asociacións procedentes de toda a provincia, a nova ferramenta web, totalmente gratuíta, que a Deputación vén de poñer en marcha para elas: AsociaLugo.
Este novo portal web, que a Deputación convertirase nunha ferramenta que ofrecerá grandes vantaxes prácticas ao tecido asociativo lugués, será a primeira web que servirá como punto de encontro no que estas poderán darse a coñecer, poñerse en contacto entre elas e sacar proveito das súas experiencias. Esta iniciativa está cofinanciada ao 80% por fondos europeos FEDER, a través do programa InnovaTE-2: Deputación Dixital.
A Vicepresidenta, que estivo acompañado polo Director de Fondos Europeos da Deputación, Pablo Rivera, destacou que “os orzamentos participativos foron unha máis que positiva experiencia. Moitos dos máis de 55.000 lucenses que participaron fixérono como parte de máis de 300 asociacións, o que deixou patente o que xa sabíamos: que Lugo conta cun tecido asociativo moi implicado co desenvolvemento da nosa provincia”.
Méndez destacou que a creación deste portal web asociativo “responde, pois, á nosa intención de seguir traballando para todos os lucenses dispoñamos do maior número de ferramentas que nos permitan tomar parte activa en multitude de asuntos que nos afectan a todos”.
Que é AsociaLugo
AsociaLugo ofrecerá grandes vantaxes, dende o punto de vista práctico, a todas as asociacións que se rexistren. De xeito totalmente gratuíto, poderá servirse desta web para dar difusión ás súas actividades e coñecer as actividades doutras; intercambiar datos de interese; obter información puntual de calquera convocatoria de axudas ou subvencións sen necesidade de revisar boletíns oficiais; etc.
Tras a presentación do portal, entre as 17.00 e as 20.00 horas, celebrouse o primeiro dos tres obradoiros prácticos programados, que estarán a cargo de profesionais de ampla experiencia no ámbito dixital, cos que os participantes poderán tomar contacto práctico con este novo portal e ampliar os seus coñecementos acerca das vantaxes da presenza das asociacións nas redes sociais. Estes obradoiros, totalmente gratuítos e de asistencia libre, desenvolveranse no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, entre as 17.00 e as 20.00 horas. Os asistentes recibirán, ademais, diplomas acreditativos.
No celebrado este mércores, os asistentes puideron aprender acerca da web social ou da importancia dunha boa estratexia de comunicación online para as asociacións. O seguinte dos obradoiros celebrase este xoves e, neste caso, centrarase na análise das distintas redes sociais (Twitter, Facebook; Google+; Pinterest; Instagram, etc.) e os blogs corporativos; de que aplicacións poden dispoñer para xestionar múltiples redes sociais. Finalmente, o xoves 13 de marzo, o terceiro dos obradoiros prácticos abordará os segredos dos posicionamento na rede e a reputación online.
Como inscribirse
As asociacións interesadas en entrar a formar parte do primeiro portal dixital só teñen que inscribirse a través da web da Deputación, www.deputacionlugo.gal ou ben presentando no Rexistro Xeral da entidade o formulario que aquí poderán atopar ou ben descargar na citada web. O portal web é totalmente gratuíto.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



