A Deputación de Lugo secundará a manifestación para reivindicar unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade que terá lugar este xoves, ás 20.00 horas, diante do Hospital da Costa, en Burela, sumándose deste xeito ás numerosas agrupacións sociais, profesionais e políticas que xa avanzaron a súa participación. A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, acudirán á concentración, que “adquire se cabe maior sentido tras a visita que fixo hoxe o Presidente da Xunta e a conselleira reprobada de Sanidade para burlarse unha vez máis de todos os mariñanos”.
“Por 7ª vez, Feijóo, máis as visitas que fixo a conselleira reprobada, viñeron á Mariña, sen sequera poñerse colorados, para anunciarnos o mesmo papel, o Plan Director, dos que van cando menos outros 6, e as mesmas obras de ampliación do Hospital da Costa, cando faltan dous meses para as eleccións municipais”, subliñou a Vicepresidenta. “As mesmas promesas e os mesmos anuncios que hai 6 anos. Neste tempo non tivo tempo de facer nada e a dous meses duns comicios volve a prometernos o mesmo”, engadiu. “Basta xa de promesas electorais e de xogar coa saúde da xente. Os mariñanos e todos os veciños da provincia queremos feitos, queremos realidades”.
Lara Méndez cuestionou que Feijóo se limitase a dicir que as obras de ampliación do hospital mariñano se licitarán neste 2015. “Non deu nin un só prazo de execución destas actuacións, que non teñen nin sequera consignación nos Orzamentos, pero tampouco doutras reivindicacións sanitarias da provincia, como os servizos pendentes de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear no HULA”, asegurou.
“Promesas sempre incumpridas e sen prazos. Como podemos crer na palabra de Feijóo?”, sinalou a Vicepresidenta. “Non é de estrañar que tivera que entrar pola posta de atrás do Hospital. Non tivo a decencia de facelo pola principal para non afrontar as protestas pola súa nefasta xestión sanitaria nesta comarca e nesta provincia”, argumentou.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



