Burela, 23 de marzo de 2015.- O Memorial Coto Ferreiro da Estrada celebrará este martes a súa vixésimo primeira edición coa dobre presenza do CD Burela FS Pescados Rubén na máxima categoría, a partir das 20.00 horas.
O fútbol sala feminino abrirá a xornada fronte ao conxunto anfitrión, CD Estradense, de Liga Autonómica. Lara, por unha escordadura de nocello, Kiko, por enfermidade, volverán ser baixa.
O cadro de Juanlu medirase despois ao Vasan Cubik Seguros A Estrada Futsal, de Terceira División. Non estarán nin Jorge Bellvert, confirmada a escordadura de ligamento lateral interno de xeonllo tras a Copa de España, e Isi, ausente dende antes de Cidade Real por luxación de ombreiro; Edu podería volver, tras consolidarse a fractura do pé.
Tarde Laranxa
Este sábado, a mellor festa futbolística volverá a Vista Alegre, e tamén por partida dobre, con encontros de Primeira RFEF e LNFS. Abrirá o espectáculo o cadro de Lucas, ás 16.00 horas, coa visita do Roldán FSF. Ás 18.30 horas, será a quenda dos pupilos de Juanlu fronte ao CFS Uruguay Tenerife.
Para recibir o Burela FS Pescados Rubén tras a súa xesta no debut da Copa de España Cidade Real 2015, coa clasificación para semifinais, o club habilitará entradas especiais. Para os socios e menores de idade a Tarde Laranxa será gratuíta; os adultos non socios poderán gozar dos dous encontros por tan só 5 euros.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
