Ainara Rodríguez volvía impoñerse de novo na prestixiosa Corre con Nós que tivo lugar nas Termas en Lugo este domingo. Nova vitoria, polo tanto, na categoría infantil sobre unha distancia de 1500 metros cun tempo de 6 minutos e 17 segundos.
Tamén tomaron parte na mesma proba Iria Rodríguez, en categoría benxamín, e a nai de ambas, Marisa Ares, en categoría absoluta.
Outras competicións das Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo
Máis respresentantes da sección estiveron ademais en diversas frontes:
O pasado sábado a cadete Nerea Bajatierra traballaba en Inef (A Coruña) nunha xornadas técnicas da federación galega sobre lanzamentos. E na mesma xornada, Brais Díaz gañaba a proba de 500 metros lisos cun tempo de 1,45,03 coa que se colgaba o ouro en Santiago no III Trofeo Fontes do Sar. O seu compañeiro Aleix Díaz lograba o 5º mellor tempo en 80 lisos cunha marca de 12,01.
E por último as Escolas, na súa sección de adultos, tivo representación en Avilés o domingo na Carreira pola igualdade da muller gracias a Rubén Méndez.