Ribadeo, 7 de marzo de 2015.- Alba Rodil García (Arante, Ribadeo, 1989) é dende este sábado a presidenta de NNXX neste municipio mariñán. Así o aprobaron os militantes e a agrupación xuvenil, nun congreso local, celebrado na casa do mar ribadense.
O encargo de darlle a benvida aos alcaldes, voceiros , deputados e demais membros de NNXX foi o presidente do PP de Ribadeo e candidato á alcaldía, Jesús López Penabad. Agradeceu a presenza de todos os asistentes e animou a nova dirixente a traballar duro. Adiantou que Partido e Agrupación Xuvenil traballarán unidos e coordinados nas diferentes facetas e accións.
No conclave tamén interveu o presidente provincial de NNXX, Daniel Vega, quen animou a nova presidenta a difundir as medidas levadas a cabo polo PP, posto que son “as da senda do crecemento e as axeitadas para os españois”.
Alba Rodil, ten 25 anos, está vinculada tanto ao PP local como a NNXX dende fai anos, onde colabora en tódalas iniciativas e actos que esta formación política leva a cabo.
A nova dirixente da formación xuvenil di afrontar o novo compromiso con ilusión e responsabilidade. Partidaria do traballo en equipo, adianta que tódalas súas iniciativas e proxectos serán froito dun diálogo previo e consenso de todos. Está convencida de que xuntos e unidos, acádanse grandes logros.
Forman parte do seu equipo: Begoña Muruais, Marta Sordo Rocha, Jacobo Río García e Joaquín San Julián.