Co obxetivo de completar a formación recibida nas aulas e talleres do IES Perdouro de Burela, os alumnos do Ciclo Medio de Mecanizado foron visitar en Arteixo a fábrica Metalúrgica Gallega (Hros. de Ignacio de la Iglesia S.A.), unha empresa de Fabricación Mecánica líder no sector que se adica á construcción e reparación de bens de equipo desde 1925. Son 25.000 m2 se superficie cuberta para talleres de calderería, mecanizado, montaxe, chorreo e pintura. Os sectores nos que desenvolve o seu traballo son o aeronáutico, naval, siderúrxico, cemento, hidráulico, automoción, eólico, madeira e industria extractiva.
Durante a visita un técnico foi mostrando e informando dos diversos traballos que realizan na empresa e ensinou ao grupo de alumnos as máquinas e técnicas empregadas na fabricación. A visita centrouse na zona de mecanizado e en concreto nas máquinas de control numérico como tornos verticais e mandrinadoras. Os alumnos quedaron impresionados coa magnitude destas máquinas xa que algunhas eran capaces de tornear diámetros superiores aos 5.000 mm.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



