Ribadeo, 7 de marzo de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, salientou a redución nun 25% do paro xuvenil na Mariña lucense nos últimos doce meses. O dirixente popular destacou que á baixada xeral do número de desempregados na nosa comarca hai que engadir, con especial intensidade, o bo comportamento da cifra entre os menores de 25 anos, “que se reduce a un ritmo 14 puntos superior á media global”.
Balseiro fixo esta análise durante o discurso de clausura do Congreso Local de Novas Xeracións en Ribadeo, que tivo lugar esta mañá e no que quixo poñer en valor os beneficios das políticas activas de emprego impulsadas pola Xunta e o Goberno central.
“A Estratexia de emprego xuvenil posta en marcha polo presidente Feijóo está dando os seus froitos. Trátase dun programa concreto para os mozos e as mozas galegas, que non só os mantén como prioritarios nos accesos ás distintas fórmulas de axudas e aos incentivos á contratación da Xunta de Galicia, senón que debuxa unha folla de ruta específica para que a mocidade galega teñan un pouco máis fácil atopar un traballo. Queremos, en definitiva, que ninguén quede descolgado na saída da crise”.
EMPREGO XUVENIAL
Balseiro explicou que a Estratexia de emprego xuvenil 2014-2015, dotada con 100 M€, beneficiará nos vindeiros dous anos a máis de 95.000 persoas a través dun paquete de 19 medidas para fomentar a inserción laboral da mocidade galega. A metade das accións son formativas “dado que os datos acreditan que máis de 28.000 mozos e mozas menores de 30 anos en Galicia ou non teñen ningún tipo de formación ou só contan con estudos primarios” pero tamén hai incentivos á contratación en empresas
Balseiro explicou que á mellora deste segmento do emprego están contribuíndo tamén factores como a posta en marcha dos obradoiros e escolas taller, as contratacións subvencionadas pola Xunta en todos os concellos da Mariña ao abeiro do plan de cooperación ou a definición dunha formación profesional máis acaída as demandas reais do mercado laboral.
So en 2013 A Mariña recibiu 1,5 millóns de euros en investimentos en materia de emprego, situación que contrasta co feito pola Deputación de Lugo que excluíu a todos os parados da Mariña dos seus plans de emprego excepto á Pontenova. “Nos nunca nos comportaremos como o bipartito provincial. A Besteiro e a Veiga parece que non lles importan os parados da Mariña, aos que deixa fóra dos seus plans de emprego ou ofrece accións formativas que despois non son homologables”
AVAL Á XESTIÓN DOS POPULARES
Xa en clave global, Balseiro asegurou que a progresiva baixada do paro (tanto do rexistrado nas oficinas dos servizos de emprego, como a constación do aumento no número de contratacións) avala a xestión económica dos populares. Neste senso, fixo fincapé en que, se ben o seu partido non está satisfeito porque as cifras do paro aínda son altas e hai familias sufrindo as consecuencias, tamén é certo que se camiña pola senda correcta para que a recuperación económica se palpe en cada un dos fogares.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



