Burela, 14 de marzo de 2015.- O actual alcalde de Burela e candidato á reelección, José María González Barcia, adiantou este sábado nunha rolda de prensa, na que estivo acompañado polo secretario xeral do PP na provincia, José Manuel Balseiro, algún punto do que será o seu programa electoral, que, tal e como anunciou no se día, estará pechado antes de que remate o mes de marzo.
Barcia, que lembrou que hai catro anos o PP local manifestou que ninguén faría máis por Burela, cre que a formación local cumpriu sobradamente, xa que os grandes retos que tiña Burela, como o PXOM, o acceso ó porto, a ampliación do hospital ou unha nova escola infantil, están feitos, facéndose ou en fase de tramitación moi avanzada.
Nese senso, o popular indicou que o equipo de Goberno local, sentou as bases da Burela do futuro, de forma e maneira que “tentamos buscar que o noso municipio medre en base a varios criterios: asentamento de empresas para xerar postos de traballo, que ó mesmo tempo xeren riqueza na vila e consoliden e mesmo incrementen poboación, xunto cunha mellora de servizos públicos para aumentar a calidade de vida e deste xeito contribuír precisamente a consolidar e incrementar a poboación”.- explicou.
O actual alcalde e candidato dos populares manifestou que o grande reto para o vindeiro mandato municipal pasa por desenvolver as bolsas de solo industrial que figuran no PXOM; un asunto, dixo, que ten que abórdalo o equipo de goberno que saia das eleccións do 24 de maio.
Insistiu en que a súa formación xa ten algún documento ó respecto e sabe que este obxectivo non se concretará nin nun ano nin en dous, pero “se comezamos xa a traballar evitaremos que empresas que se podían asentar en Burela se vaian a outros concellos”.- engadiu.
José María González Barcia manifestou que “os políticos temos unha débeda coa nosa vila neste sentido, lonxe da idea de que non se precisa solo industrial porque xa hai moita no resto da comarca, como alguén plantexou hai catro anos”.- lembrou.
O alcaldable tamén asegurou que “o saneamento de Burela non pode nin debe xerar problemas, como está acontecendo ca actual EDAR, que tamén se demostra incapaz”. Lembrou que sobre este tema xa se está traballando, pero “temos que pechar o círculo e definir á maior brevidade a actuación que podemos e queremos facer, atendendo a criterios medioambientais e de sustentabilidade económica, que entendemos pasa por unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR)”.
O actual rexedor e candidato dixo que o nivel de servizos sociais e de instalacións deportivas que ten Burela é elevado pero malia a iso deixou claro que non baixará o ritmo na oferta de servizos sociais, procurando incrementalo; algo que tamén fará coas instalacións deportivas, mellorando alomenos as existentes.
Para mellorar as instalación deportivas e os servizos sociais, González Barcia tamén se manifestou esperanzado en poder comezar a xestionar no vindeiro mandato a ampliación da oferta deportiva, buscando no PXOM solo dotacional para un futuro pavillón, e tamén da oferta de servicios sociais, tentando ubicar na bolsa de solo dotacional onde se constrúe a nova escola infantil unha residencia para persoas con discapacidade intelectual que permita a convivencia familiar.
Barcia é consciente de ser proxectos moi complexos, pero que “temos que comezar se queremos converter a Burela nun referente no mundo dos servicios sociais e do deporte”.
Rematou o actual rexedor e candidato popular manifestando que “o PP é o partido da estabilidade, da xente normal, por iso preocupámonos por todo o que á xente lle importa”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



