O colectivo Os Aventados dan a coñecer os gañadores dos premios “Árdelle o eixo” e “Árdelle o carro”. No primeiro caso será para a Asociación Cultural O Mundo da Galea e, o segundo, para o Ministerio de Fomento debido ao mal estado da estrada. Así mesmo, o premio “Toda unha vida” será para Arcadio Mon García. No caso dos premios á calidade, este ano, Os Aventados decidiron outorgalos ó Mesón Carlos V de Viveiro, Casa Damián de Foz e Pastelería Vale de Viveiro. Mulleres traballadoras de Sargadelos recibirá o premio especial deste 2015. Será o sábado 21 de marzo no restaurante A Pousada – O Almacén de Cervo durante unha comida. Tamén procederon Os Aventados á colocación dunha placa de recordo ó seu amigo e compañeiro Alberto Pillado pola súa “coherencia e exemplo na loita pola liberdade e a dignidade” na Casa do Porto de Arriba en San Cibrao.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



