A Asociación Atalaia de Ribadeo convida a renderlle homenaxe a dúas mulleres, representantes do colectivo emigrante, unha emigrada a Uruguai e a outra a Suíza. Son Hortensia Pimentel e Concha Redondo. Será o xoves 5 de marzo no lavadoiro dos Fornos ás 18.00 horas. E o venres 6 a doutora Paula J. Fonseca conducirá a charla-presentación do libro “Como comer para vencer al cancer” no Cine Teatro a partir das 20.30 horas con entrada de balde. O sábado 7, no mesmo escenario e á mesma hora, Eudemónicas ofrecerán un concerto-percorrido polo papel da muller na música tradicional galega tamén con entrada de balde. Os actos conmemoración do 8 de marzo pecharanse o domingo 15 coa proxección do documental “Porque non contamos todos” sobre o papel da muller na música tradicional a partir das 19.00 tamén no Cine Teatro.
Conmemoración do 8 de marzo en Ribadeo
Conmemoración do 8 de marzo en Ribadeo
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”