Monforte, 18 de marzo de 2015. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou este mércores en Monforte, xunto á concelleira Pilar López e a representantes do Calasancio, E.F. Monforte e Sarria C.F. a IV Copa Deputación de Fútbol Base, que se disputará do 31 de marzo ao 5 de abril, coincidindo, como ven sendo habitual nas anteriores edicións, coa Semana Santa.
A competición comezará os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril en Foz, no Campo Municipal, onde competirán as categorías xuvenil e cadete; continuará o 3 de abril en Monforte, nos campos Luís Bodegas e Escolapios, onde xogarán alevíns, benxamíns e prebenxamíns; para rematar os días 5 e 6 de abril en Sarria, no campo da Ribela, onde se disputarán os encontros da categoría infantil.
Un total de 128 equipos, pertencentes ás categorías inferiores de 35 clubs de toda provincia, participan nesta nova edición da Copa Deputación de Fútbol Base, que comezou a celebrarse no ano 2012 por iniciativa da área de Deportes da institución provinvial como un xeito de potenciar e fomentar o deporte base. Por categorías, a Copa será disputada por 21 equipos na categoría xuvenil, 16 cadetes, 20 infantís, 27 alevíns, 26 benxamíns, e 18 prebenxamíns. Neste sentido, Antonio Veiga apuntou que “este torneo move a máis de 2.500 rapaces e as súas familias, un dos eventos deportivos máis importantes na provincia de Lugo pola súa magnitude e que implica aos clubs de toda a provincia”.
“Como vén sendo a nosa liña de traballo, -continuou o vicepresidente- desde a área de Deportes da Deputación, queremos facer fincapé no apoio ao deporte de base, propoñendo esta competición futbolística que será tamén un gran evento socializador e de convivencia para todas e todos os nenos e as súas familias”.
A Deputación cubre todos os gastos do torneo
A práctica totalidade dos clubs de fútbol da provincia participan nesta Copa que, pese a levarse celebrando só 4 anos, é un evento que está totalmente consolidado. Nesta edición participan equipos inferiores de 35 clubs: Polvorín, Sagrado Corazón, Vilalbés, Milagrosa, Residencia, Abuín, Ferroviaria, Ribadeo, Burela, Comercial, Viveiro, Santiago de Foz, Ribela, Franciscanos, Foz, Sarria, Lugo, Escuelas Lucenses, Becerreá, Calasancio, Cospeito, Maristas, Iberia, Corgo, Monforte, María Auxiliadora, Pontenova, San Roque, Guitiriz, Obanlu, Antas e Monterroso.
Os clubs que teñan que percorrer máis de 50 km terán sufragados os gastos de desprazamento; así coma os de manutención no caso dos equipos de fóra do lugar da sede sempre que a organización o estime oportuno. Ademais, cada equipo participante, é dicir, os 128 equipos recibirán un regalo de material deportivo e cada crianza terá un detalle de participación así como os trofeos e medallas para os equipos finalistas.
“Desde a área de Deporte da Deputación de Lugo estamos a poñer todas as facilidades para que participen o maior número de futbolistas e de clubs. É un aliciente para os equipos saber que teñen todos os gastos cubertos, tanto de transporte, como manutención e aloxamento, se fose necesario, do que é boa proba que cada ano se sumen máis equipos de toda a provincia a esta competición”, concluíu Veiga.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
