Juan Rivas.-O Partido Popular de Foz síntese abraiado polo que ocorreu o pasado domingo na Casa da Cultura do Concello de Foz durante un acto que inicialmente parecía unha actividade cultural e cun fin única e exclusivamente benéfico, organizado por un ente ata daquela descoñecido. Unha vez se abriron as portas viuse que quen estaba detrás do telón; era o Partido Socialista de Foz e o señor Cancio, que incluso interpretou o seu papel favorito: o de mestre de cerimonias presentando o acto.
Cónstanos que, ao ser solicitado o salón de actos da Casa da Cultura para un acto benéfico, o Concello de Foz actuou con toda a boa intención cedendo esas instalacións municipais, a pesar da opacidade dos organizadores. Pero, posteriormente, descubriuse que realmente era un acto político do PSOE para a promoción do seu candidato á Alcaldía, o que é escandaloso.
Chámanos a atención que os socialistas usen actos benéficos para proxectarse politicamente de cara as eleccións municipais, o que é algo completamente vergonzoso. O que fixo o PSOE este domingo pasado foi intentar maquillar como un concerto benéfico o que verdadeiramente tiñan programado: un acto político.
O grave e que, presuntamente incumprindo o regulamento de policía e espectáculos, superasen o aforo permitido tendo á xente de pé, co conseguinte cabreo xa que pagaron a mesma entrada que os que estaban sentados e con risco para a súa propia seguridade. Pero quizais sexa máis grave que, neste acto dos socialistas, se cobraran 8 euros de entrada. E sinalamos isto porque a día de hoxe descoñecemos quen estableceu ese prezo da entrada, o cal é moi superior ao que se cobra pola mesma actuación noutras localidades, como por exemplo en Viveiro, onde o prezo é de 5 euros, ou en Vilagarcía de Arousa, de 6 euros. Así o recoñeceu publicamente o propio señor Cancio no acto celebrado en Foz, pero non foi capaz de explicar os motivos desta diferenza no prezo. O que está totalmente claro é que foi un acto de proxección política oculto detrás dun acto benéfico, mal organizado e cobrando a discreción, o que nos parece vergonzoso; esperemos que este feito non sexa un aporte máis á financiación dunha campaña electoral.
Juan Rivas
Secretario xeral do PP de Foz.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



