Trala Coresma chega a Semana Santa que se sitúa arredor do equinoccio de primavera; é a maior celebración do calendario entre as festas rituais de Galicia e ten lugar entre o Domingo de Ramos e o Sábado Santo. É o tempo do renacer da natureza tras o período invernal, e foi sempre festexado nas distintas culturas. É unha celebración eminentemente cristiá, chea de connotacións relixiosas. A Semana Santa supón, ante todo, a conmemoración da morte e resurrección de Xesús. Pódense atopar orixes moi antigas a esta celebración. Moisés instituira xa a Pascua para o pobo hebreo, en recordo do paso do Anxo por Exipto e a fuxida dos hebreos atravesando o Mar Vermello. Nese día sacrificaban cordeiros e comíanos con pan sen fermentar, sen lévedo. Nesa noite pascual terá lugar o prendemento de Xesús e o incio da paixón. Alá polo s. IV comezou a facerse a adoración da Cruz no día de Venres Santo. A celebración da Paixón de Cristo expandiuse con rapidez por Europa grazas, sobre todo, á práctica que promoveron os franciscanos de representar os Vía Crucis.. Tódolos rituais baséanse nestes feitos históricos e relixiosos. É tempo de fervor e piedade, pero tamén datas cheas de dramatismo e teatralidade, como amosan as procesións. En Galicia son moitas as festas rituais que se adoitan celebrar como un xeito mais de transmitir e manter vivas as tradicións. E na nosa bisbarra a Semana Santa ten o epicentro e a mais entrañable celebración en San Martiño de Mondoñedo, baluarte da historiografía diocesana, marco axeitado para a reflexión e o recollemento, dada a austeridade monumental das súas vellas pedras, das que Cunqueiro dixo que “ parecen labradas por mans imposibles”. Os veciños, capitaneados pola Confraría do Desencravo, conscientes de tal realidade histórica, e respondendo ó sentir da Comunidade veciñal , loitan porque prevalezan os valores humanos, culturais e espirituais nas xeracións vindeiras. A brillante Semana da Música Xosé Alonso, que se desenvolve durante a Semana Grande, no marco daquela Basílica, de incomparable e fidedigna acústica, constitue atractivo de outa calidade artística.
Suso Fernández




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



