Lourenzá, 17 de marzo de 2015. Lourenzá acollerá diversas actividades para rapaces de 7 a 17 anos este sábado, día 21, e do 28 de marzo ao 1 de abril. Están organizadas pola asociación Chao de Castro-Altair e contan coa colaboración do Concello, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez.
A edil popular sinalou que “desde o Concello de Lourenzá vimos de colaborar coa asociación Chao de Castro-Altair na realización dunha actividade de grande acampada, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de marzo, na praza do Conde Santo. Trátase dun xogo de acampamento e pistas, que terá como escenario distintos lugares significativos da nosa vila”.
Lupe Flórez dixo que “o Concello colabora con dita asociación na cesión de espazos e dependencias para realizar esta actividade, que está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 17 anos. Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade de carácter gratuíto poden conseguir máis información nos seguintes teléfonos: 685 32 51 53 da asociación e 982 12 10 06 da biblioteca municipal en horario de tarde”.
A concelleira de Educación e Cultura engadiu: “esta actividade do día 21 é previa á acampada que realizará dita asociación no entorno da Cazolga en Semana Santa do 28 de marzo ao 1 de abril. Os interesados en participar deben dirixirse ao teléfono da asociación: 685 32 51 53”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



