CADERNOS DA VIAXE. Foi o PSOE o que máis contrapuxo a sensibilidade local contra o sentido global de Galicia como país. A cidade-estado vazquista da Coruña constituiu o seu exemplo máis notábel. Exemplo seguido nos nosos tempos en Vigo pola vella política do seu alcalde, Abel Caballero. Mais, en conxunto, a caduca idea do localismo na sociedade está xa ultrapasada.
Porque hoxendía os problemas das cidades galegas son semellantes. Arrincarmos a corrupción. Abrirmos os concellos á participación cidadá, mesmo na determinación dos obxectivos do Orzamento local. Unha xestión transparente. Garantirmos uns servizos públicos de calidade. Pór a nosa lingua e a nosa cultura no lugar que lles compre. Reactivarmos a economía local, xerando emprego de calidade. Mirar polo comercio de proximidade para revitalizar as mallas urbanas. Entendermos os problemas urbanos de xeito supramunicipal.
Semella, pois, posíbel un municipalismo galego compatíbel, cando non íntimamente vencellado, a unha idea de Galicia como País. Un municipalismo que entenda cooperativa e participativamente as Administracións locais, tentando interesar á cidadanía na súa gobernanza.
Agora ben, no nível global galego compre garantirmos certos mínimos. É urxente rematar co absurdo das Deputacións e das provincias. É preciso restaurar a autonomía local que a Lei de modernización local de Montoro reduciu substancialmente. Hai que colaborar no eido aeroportuario, porque non abonda aeroporto ningún, o que compre é especializalos. E, sobre todo, garantirmos a mobilidade de cadanseu aeroporto con cadansúa área urbana e co resto do País.
Nun tempo de reinvencións son precisos novos xeitos de facermos a política. Volver a nosa atención ao local lexitima a política e fai máis transparente e eficiente a gobernanza. Mais sen perdermos a común pertenza a unha galeguidade que trascende ás nosas diferenzas.
A ARRINCADEIRA.- Dez anos de mandato de Carlos Varela como fiscal superior.
Carlos Varela cesará como fiscal superior de Gaslicia despois de dez anos de mandato. Varela vinculou Galicia e Ministerio Fiscal na súa loita contra a corrupción política e os incendios forestais, a comercialización de preferentes e subordinadas e pola normalización da nosa lingua na xustiza, deixando un baleiro moi difícil de encher. Mesmo para un grande profesional como o seu sucesor, Fernando Suances.
Xoán Antón Pérez-Lema




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



