Barreiros, 10 de marzo de 2015. O BNG faise eco do malestar das veciñas e veciños de Reinante, que denuncian que as obras de arranxo de baixada á praia e que dá acceso a gran parte da veciñanza volven a estar paradas, acumulando sucesivos retrasos desde o mes de decembro.
Desde o BNG sinalan que esta é unha mostra de cómo se fan as cousas en Barreiros, con unha total improvisación e sen obxectivos claros. A portavoz municipal, Ana Ermida, informou que “desde o mes de outubro esta obra non está a dar máis ca problemas. Comezaron con ela sen ter claro que ían facer, sen ter falado coa xente á que lle afectaría nas súas propiedades e sen saber sequera os traballos que terían que realizar. A mostra máis palpable da falta de planificación é que, cando xa estaba a obra iniciada, modificouse o proxecto para poder expropiar un terreo afectado.”
“Agora mesmo, hai dúas semanas que a obra está totalmente parada; pero o máis grave é que desde que a finais de xaneiro, cando as veciñas e veciños de Reinante recolleron sinaturas e solicitaron no concello que se retomaran as obras tras estar paradas desde decembro, só se fixeron traballos de xeito esporádico e discontinuo. Non se estivo traballando alí nin unha semana seguida”, explica Ana Ermida.
Para a formación nacionalista, “o Partido Popular -incluída a concelleira de cultura, que é desa parroquia- o que está facendo é intentando enganar á xente, tomándoa por parva; poñendo as máquinas alí no momento no que se protesta, pero sen intención de finalizala.”
O BNG explica que máis de seis meses para unha obra de soterramento de alumeado e construción de beirarrúas en pouco máis de 300 metros, demostra a pouca capacidade que ten este goberno para xestionar. “As molestias que se están causando para todas as persoas que viven na parroquia e circulan por esa vía son inmensas, pero non só, xa que se trata dunha das baixadas á zona de praia. Despois pretenderán vender os servizos que hai en Barreiros e promocionar turisticamente a zona, pero os feitos son que unha das baixadas cara ás praias, onde hai negocios turísticos, está nunha situación terceiromundista a pouco máis de quince días para semana santa. Esta é a promoción que o goberno municipal fai Barreiros, da súa zona de praias e esa é a imaxe que van levar as persoas que nos visiten”, afirman desde o BNG.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



