Barreiros, 19 de marzo de 2015. Tras dous meses nos que o BNG en Barreiros realizou unha decena de reunións coa veciñanza nas distintas parroquias, a valoración que trasladan desde a formación é “moi positiva”. Sinalan que “o ambiente nas reunións foi estupendo e tomaron parte nelas preto de 200 persoas que trasladaron queixas, necesidades e propostas. A idea compartida en todas elas foi a sensación xeral de estar nun concello paralizado, sen plans de futuro e a necesidade dun cambio de rumbo urxente para evitar o colapso municipal”, aseguran.
A portavoz municipal, Ana Ermida, agradeceu a participación das veciñas e veciños e asegurou que “nestas reunións saíron propostas moi interesantes que, desde o BNG trasladaremos ao concello e que teremos en conta á hora da elaboración do programa electoral. As cuestións máis demandadas son o arranxo das vías municipais e a atención aos servizos básicos, como o abastecemento de auga ou o saneamento; incluso o funcionamento do servizo de axuda no fogar.”
Neste sentido, desde o BNG solicitarán do goberno do Partido Popular que se realice un estudo serio e rigoroso da situación actual das redes tanto de abastecemento de auga como de saneamento da todo o concello, incluíndo tamén as catro parroquias non costeiras que non teñen un só metro de rede de sumidoiros. A portavoz municipal afirma que “é urxente completar o saneamento nas parroquias que o teñen iniciado e que nas que aínda hai zonas sen este servizo, pero é tanto ou máis urxente dotar o interior do concello dunha rede de sumidoiros que iguale ás veciñas e veciños que viven nas parroquias non costeiras.”
Ademais, desde o BNG volven a poñer o punto de atención no funcionamento das depuradoras existentes. “É unha vergoña ver como as estacións depuradoras que hai neste concello soltan a auga igual que a collen, nunha porcentaxe altísima sen ningún tipo de depuración”, afirma a portavoz. Poñen como exemplo a depuradora de San Cosme, que está situada no Xuncal. Explican desde o BNG que “a estación ten dous tubos: un deles polo que sae auga depurada que, a xulgar pola cantidade, probablemente non supere o 10%. E outro polo que sae a auga directamente, do mesmo xeito que entra na depuradora, co que isto supón para a saúde pública e o medio ambiente.”
Por isto, o BNG solicitará do goberno municipal, tal e como xa trasladou nunha moción no pleno de xaneiro que o Partido Popular se negou a tratar, que se realice con urxencia un estudo detallado da situación da rede existente, das estacións depuradoras e do seu funcionamento e das necesidades das parroquias onde carecen do servizo, así como que se negocie coa Xunta de Galiza para poder afrontar estas actuacións o antes posible.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



