Alumnos e profesores do colexio público Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, visitaron este luns 16 de marzo o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo Secretario o tamén mariñán, Jose Manuel Balseiro, que tivo oportunidade de facerlles de anfitrión, responder varias preguntas e facerse esta foto de grupo. Despois visitaron tamén a Cidade da Cultura.
