O Comité de empresa de VESTAS NACELLES SAU (Chavín-Viveiro) vén de enviar unha carta ós grupos políticos do Concello de Viveiro co fin de facelos participes da preocupación que nos causa, tanto ao Comité de empresa como ó conxunto do persoal de Vestas, a situación na que nos vemos inmersos logo da proposta de rescisión e suspensión dos contratos da plantilla desta empresa, que nos foi comunicada pola Dirección o pasado luns.
Como puideron comprobar a través da prensa, non é unha redución de persoal que se puidese considerar asumible ou “insignificante”, son moitos postos de traballo de veciños e veciñas deste Concello, tamén doutros limítrofes.
Este Comité non esta, para nada, de acordo coa proposta da empresa. Entendemos, que como representantes da veciñanza de Viveiro, Vostedes tampouco lles parecerá de recibo. É por isto que agardamos o apoio de todos os Grupos Políticos que conforman esta Corporación, e un pronunciamento claro e contundente a respecto do despedimento colectivo, así como do expediente de regulación de emprego pretendido pola mercantil VESTAS.
Precisamente neste sentido, o Comité de Vestas-Chavín convoca a todos os traballadores/as a unha asemblea o vindeiro luns 23 de marzo ás 12.00 horas na fábrica de Vestas-Chavín.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



