Cervo, 18 de marzo de 2015-O Concello de Cervo entregou á ACIA de San Ciprián unhas 6.000 bolsas de papel de diferentes tamaños para a campaña comercial do Día do Pai. Unha medida coa que o goberno local dá resposta á demanda realizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de San Ciprián de contar con bolsas co logo da entidade para utilizar na venda dos produtos aos clientes durante os próximos días.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Turismo, Begoña Alonso fixeron entrega destas bolsas á presidenta da ACIA, Anabel San Eloy, e ao vicepresidente, Cliff da Prato. A partir dese momento é a propia asociación a que distribúe as bolsas entre as tendas asociadas.
Desta maneira, o Concello mantén a súa liña de colaboración coa ACIA, atendendo ás súas peticións e apoiándoa na organización de actividades. Unha forma de traballar que o goberno local estende a todo o tecido comercial e empresarial do municipio, tanto a través de subvencións directas como da colaboración con recursos materiais e humanos.
Da mesma maneira, Alonso destaca que son moitas as formas de apoiar á economía local, tamén xerando movemento e actividade no municipio, como é o caso dos múltiples eventos que organiza o Concello ou cos que colabora e que atraen a centos de persoas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



