A maneira e os métodos utilizados por empresas que buscan persoas empregadas cambiou nos últimos anos. Estase tendendo ao uso xeneralizado de internet e portais de busca de emprego, son os métodos principais para o inicio dos procesos de selección incluso para as pequenas empresas da nosa comarca.
As redes sociais son unha inestimable fonte de información no proceso de busca de emprego.
Na actualidade, no Departamento de Emprego observase que moitas persoas non manexan esta sinxela ferramenta, dificultando e incluso evitando a participación en procesos de selección de persoal.
É imprescindible aprender a buscar traballo por Internet e ademais é moi doado. Esta é a razón pola que o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local e a Oficina de Información Xuvenil (Aula de Informática) organizan un obradoiro gratuíto que impartirán conxuntamente Dani López (Formador da Aula de Informática Municipal) e Rosa Lage (Axente de Emprego e Desenvolvemento Local) os luns das 17.00 ás 18.00 horas.
A data prevista de inicio é o próximo 16 de marzo, sempre que se reúnan 8 persoas interesadas e as seguintes sesións serán o luns 23 e o luns 30 de marzo.
Os contidos que se desenvolverán son os seguintes:
– Contidos básicos de funcionamento dun ordenador.
– Apertura de conta de correo electrónico.
– Envío de correos achegando Curriculum Vitae e Texto de Presentación.
– Manexo de buscadores de internet.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



