Lugo, 17 de marzo de 2015.- O representante do Grupo Provincial do Partido Popular na Fundación TIC, José Pardo Lombao, non apoiou este martes a aprobación das contas da entidade correspondentes ao período 2014. Os populares votaron en contra ao non dispoñer da documentación suficiente que lles permitise analizar e estudar as contas anuais.
O GPP asegura que se está ante un novo exemplo de obstáculo imposto dende a Deputación e no que se lle limita o acceso á información. En escrito de 3 de outubro de 2014, os populares solicitan acceso ás nóminas e facturas da Fundación TIC durante a anualidade 2014.
En resposta, a través de escrito con data 16 de outubro de 2014, dende a Fundación TIC expoñen que “na sesión do Padroado da Fundación TIC, no primeiro trimestre do ano 2015, aprobaranse as contas anuais, na que se achega toda a documentación solicitada e que vostede, na súa condición de membro do Padroado, terá a súa disposición”.
Tras celebrarse a sesión do Padroado da Fundación TIC esta mañá, entre os expedientes coa documentación á disposición do patrono representante do PP non figura a relación de nóminas nin de facturas da entidade durante a anualidade 2014, incumpríndose deste xeito a contestación dada no seu día pola Fundación TIC.
Os populares consideran “moi preocupante” que se lles oculte a listaxe de facturas e nóminas, cuxa petición se reiterou hoxe de novo, a maiores de presentar un queixa ante o Valedor do Pobo, na que solicitan a súa intervención a fin de que os dereitos constitucionais dos populares sexan respectados.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



