O INVESTIGADOR GALEGO DIEGO MARTÍNEZ RETORNARÁ A GALICIA ESTE ANO GRAZAS AO PROGRAMA OPORTUNIUS
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, mantiveron este luns un encontro co investigador galego Diego Martínez. Este físico focense, doutor en Física pola USC e que traballaba para o Instituto de Física de Partículas Nikhef de Holanda, retornará a Galicia este ano grazas ao esforzo da propia USC e ao programa Oportunius de captación de talento promovido pola Xunta de Galicia.
O traballo coordinado entre o Goberno galego e a USC permitirá a contratación deste investigador de referencia, recoñecido no 2013 como o mellor físico mozo europeo de partículas. Neste sentido, Martínez conta cunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), cuxa excelencia científica se reflicte no feito de que 3 dos 13 Premios Nobel 2014 lle foron outorgados a investigadores que desenvolveron as súas carreiras grazas a elas.
A través desta bolsa, e co seu novo contrato na Universidade de Santiago de Compostela no marco do Oportunius, o físico galego contribuirá a mobilizar en Galicia 1,5 millóns no próximo lustro, impulsando a creación de emprego altamente cualificado derivado da formación do seu equipo de investigación.
A captación deste talento investigador galego, así como a formación de científicos con potencial para conseguir as mencionadas bolsas ERC, son o eixo fundamental de desenvolvemento do programa Oportunius, co obxectivo de situar á I+D+i galega na vangarda internacional .
Neste sentido, a través do Oportunius, a Xunta aspira a atraer ao Sistema Galego de I+D+i a Galicia a 24 investigadores de referencia que conten con beca ERC, de cara a desenvolver liñas punteiras e competitivas a nivel internacional desde Galicia.
Para acadar esta meta, a Axencia Galega de Innovación investirá máis de 4 millóns de euros ata o ano 2020. Ademais, está a impulsar diferentes actuacións de dinamización do programa, colaborando ata o de agora con 38 investigadores que traballan en centros de investigación galegos para a preparación das propostas coas que optar ás becas europeas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



