O derbi lucense finalizou cunha contundente e merecida vitoria do Burela Pescados Rubén no feudo do Prone Lugo (3-7). O duelo provincial constatou a superioridade burelesa ante un voluntarioso conxunto local que aínda que logrou adiantarse no marcador acabou goleado e consumando o seu descenso matemático á Segunda División.
O encontro comezou con ambas escuadras pulsando ao seu rival, o Prone aproveitou un córner para tomar vantaxe por mediación de Javi Río (m.4). O 1-0 provocou a reacción mariñán e Chano, por partida dobre, remontou o marcador. O empate nun remate ao bordo do área e o 1-2 nunha gran acción individual que finalizou coa zurda. Os pupilos de Juanlu comezaron a levar o timón do partido fronte a un Prone que esperaba a súa oportunidade ao contragolpe. Matamoros avisou co seu disparo ao pau e no tramo final o meta local, Illi, tomou protagonismo ao evitar tres claras ocasións mariñás. O acoso á meta pronista tivo o seu premio no último minuto, Bellvert situou o 1-3 tras finalizar unha gran xogada colectiva e con ese marcador chegouse ao intermedio.
Na segunda parte, o equipo dirixido por Manolo Vázquez comezou con maior intensidade que os bureleses pero non acertou para recortar distancias. Tras desperezarse, o Burela Pescados Rubén tomou o control do partido sen discusión e comezou a plasmar o seu mellor xogo coa autoridade dos goles. En cinco minutos sentenciou o derbi e deleitou á súa afección con goles de fermosa factura. Matamoros asinou o 1-4 tras varias combinacións con Iago Míguez, Miguel marcou o 1-5 a pase de Chano, gran partido do andaluz, que repetiu asistencia cun pase de tacón que Behroz aproveitou para situar o 1-6. Sen tempo para repoñerse o Prone recibiu tamén o 1-7 que supuxo o dobrete do iraní. Con nove minutos para o desenlace o encontro quedou visto para sentenza e únicamente a relaxación final dos mariñaos permitiu maquillar o resultado final cos goles de Alex Diz e Javi Río (3-7).
Ficha técnica
Prone Lugo: Illi, Iago Rodríguez, Alex Diz, Antonio Diz, Manuel María – cinco inicial- Cospe, Rubén Mouriz, José López, Diego Fente, Javí Río.
Burela FS Pescados Rubén: Alex, Iago Míguez, Carlitos, Matamoros, Jorge Bellvert –cinco inicial- Chano, Behroz, Miguel, Antoñito, Helder.
Goles: 1-0, m.4, Javi Río; 1-1, m.4, Chano; 1-2, m.6, Chano; 1-3, m.20, Bellvert; 1-4, m.27, Matamoros; 1-5, m.28, Miguel; 1-6, m.31, Behroz; 1-7, m.31, Behroz; 2-7, m.34, Alex Diz; 3-7, m.40, Javi Río.
Árbitros: Sanzol Goñi, Urdanoz Apezteguia. Tarjetas: En el Prone Lugo amarilla a Alex Diz (m.8), Javi Río (m.12) e Illi (m.33). No Burela Pescados Rubén amarela para Matamoros (m.24) e Alex (m.32).
Incidencias: Partido correspondente á 25ª xornada de Primeira División, disputado no Municipal de Lugo que contou con numerosa presencia de afeccionados laranxas.
*Foto: Prensa PRONE Lugo. LNFS.