Burela, a 8 de marzo de 2015.- O Partido Popular de Burela continuará nos vindeiros días coas reunións con veciños polos distintos barrios da localidade segundo a planificación de traballo elaborada pola dirección da agrupación local, e que tén como finalidade explicar detidamente as actuacións máis importantes levadas a cabo polo goberno municipal, recoller aquelas suxerencias e propostas feitas polos veciños, e tamén escoitar as críticas que pode haber.
Así, mañán, luns, os populares reuniranse ás sete da tarde, na antiga taberna de Correa, na Vila do Medio, con veciños e veciñas do entorno deste barrio tan tradicional e emblemático para Burela. Posteriormente, a partires das oito, será no Restaurante Os Remos onde se reúnan con veciños e veciñas do entorno da Rúa do Ría, da Igrexia, etc.
Nestas reunións os populares explicarán o recente reasfaltado de certos tramos de algunhas rúas, entre elas a do Río, e tamén explicarán o próximo arranxo de camiños, entre os que se atopa o camiño da Fonte da Lamela, na Vila do Medio, ademáis de informar, entre outras cousas, cómo se van levar a cabo as obras de reconstrucción do Faro.
O PP burelés tén previsto pechar esta ronda de reunións polos barrios da localidade durante a vindeira semana.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



