MURAS, 10 DE MARZO DE 2015.- Os socialistas de Muras, a través dun escrito remitido esta mesma mañá á Alcadía, solicitan ao Rexedor a paralización do proceso para a concesión da aldea etnográfica de Carelle pois, unha vez publicadas as bases polas que se rexe a autorización deste enclave, “se deduce claramente que dende a Alcaldía se está dirixindo o posible adxudicatario, de tal xeito que, novamente, o PP con esta decisión aposta pola privatización dun ben público que debería de estar ao servizo dos murenses e non dos intereses particulares”.
“É un proxecto que naceu malparido, pois se puxo en marcha coa cultura do pelotazo, coa idea de que o Rexedor fora o maior beneficiario”. Proba delo, afirman, é que, no seu día, dende a entidade local se formularon unhas bases para que resultara adxudicataria da compra do lugar de Carelle Grande á súa propia dona, empregando para elo preto de 300.000 euros do canon eólico.
Oposición dos socialistas
É por este motivo polo que os socialistas denuncian que “agora que encheu o peto”, pretenda entregar a xestión deste complexo etnográfico á empresa privada. “Opoñémonos rotundamente a esta situación”, subliñan, “e facémolo por varios motivos”. En primeiro lugar, indican, “porque somos defensores da xestión pública e ademais polas causas que explicitamos no escrito que diriximos no día de hoxe ao propio Alcalde”. E, en segundo lugar, porque aínda descoñecendo o custo final do proxecto e supoñendo que este non baixa dos 2,3 millóns de euros, pouco menos que o Orzamento co que conta o municipio, e tendo en conta que o canon establecido para a súa concesión é de 6.000 euros anuais, “co ritmo de amortización que prevé o Sr. Algnam terían que pasar preto de 400 anos ata que se amortizara o seu custo; situación que cualificamos de auténtica burla ao pobo de Muras”, conclúen.
Cronoloxía
En 2010 cada veciño do municipio recibiu unha carta na que se lles informaba de que o Concello se ofrecía como comprador deste complexo abandonado de 30 hectáreas para rehabilitar. Boa parte destas terras -109 pequenas fincas e seis inmobles de Carelle, na parroquia de O Burgo- acabou vendéndollas o propio Rexedor ao consistorio. Deste xeito, malia que xunto con Algagm presentaron as súas solicitudes de venda outros oito propietarios, o do Alcalde foi o maior lote de propiedades adquirido pola entidade local. Tal é así que, só pola compra da madeira das parcelas, o Concello pagoulle a Algnam e á súa dona 50.000 euros máis.
Diante esta situación, os socialistas sempre mostraron o seu rexeitamento a tal proceso. De feito, o proxecto fora aprobado cos votos en contra dos edís do PSOE, pois se financiou coas subvencións que recibiu Muras do Plan de Compensación Medioambiental. Polos 377 aeroxeneradores instalados nos montes do municipio, a este Concello correspondéronlle preto de 700.000 euros anuais, cantidade que, en 2010, se destinou á adquisición destas terras por un importe total de case 600.000 euros, así como á redacción do proxecto.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



